De súpeto a noticia choutou nos meios de información de todo o mundo: Abdula Ocalan foi detido en Roma. Despois, dia tras dia, o tema ia seguir sendo portada. Unhas veces indicando que Turquia pedia a sua estradición por considerá-lo un terrorista, ou facendo mención a que lle ia ser concedida a condicion de refuxiado político en Itália; outras, en referencia ás manifestacións de turcos en Ankara e Estambul ou de curdos en Itália ou Alemaña. Deste xeito, o lider da resistencia curda en Turquia, e do PKK, "Apo", pasaba a ser un personaxe coñecido en todo o mundo. Anque, pouco ou nada din as informacións sobre a dura represión que se exerce sobre este povo milenario, en Turquia, lraq e Irán. O Curdistán é tan grande como Franza, (é o país dos Medos, povo que xera un impéiro coincidente no tempo cos asírios) está habitado por uns 30 millóns de persoas, uns 8 milions en Irán, 5 millóns en Iraq, 1 millón en Síria, e sobre 12 ou 15 millóns en Turquia. É unha nación rica en petróleo e auga, dous bens fundamentáis no Oriente rnédio. No Curdistán produce-se todo o petroléo de Turquia e de Siria, e un 74% do Iraq. Esta é unha das razóns polas que ningun destes estados esta disposto a aceptar unha nación curda, ou a dar-lle unha ampla autonomia. A outra razón é a auga, este é un ben escaso en oriente medio, e cada vez máis importante. 0 Curdistán ten grandes zonas montañosas, como os montes Zagros e Tanrus, que son berce dos ríos Tigris e Eufrates. Non son casuais os enfrentamentos pola utilización destes tíos entre Turquia, Siria e Iraq. Mesmo se di, que seica Síria deixou de prestarlle refúxio ao lider do PKK (Partido dos Traballadores do Curdistán -comunista patriótico-) porque chegou a un acordo con governo Turco sobre o aproveitamento das augas. Nesta riqueza do Curdistán alguns din que esta a sua perdicion, anque o colonialismo non necesita tantos motivos noutras partes para exercer como tal, xa ca depredación é parte da ideoloxia do imperialismo, que se ve inzada nesta etapa do pensamento unico-neoliberalismo-mundializacion. Alén de que Ocalan decidira ir a Roma porque tiña pactada esta saida co partido de D'alema, ou de que liscara de Moscova para evitar cair nas gazoupas dos turcos, o certo é que non é un terrorista como o presenta a televisión ocidental, senón o dirixente dun partido cunha gran introducion social, tanto entre a emigración como dentro do próprio Curdistán. O HADEP é un partido legal proximo ó PKK que ten un gran apoio en varias provincias curdas, como Diyarbakir; Batmah, Mardin, Siirt, Van, Igdir, etc. Non ten representación no Parlamento Turco, porque se modificaron as leis para evitar a presenza curda, esixindo un 10% de votos do censo total de Turquia. En Febreiro deste ano Murat Bozlak, presidente do HADEP (Partido da Democrácia do Povo), e vários dirixentes máis, eran detidos. Cando falamos de represión, militarismo, e detención arbitraria en Turquia non facemos demagóxia, só fotagrafamos a realidade. En 1996 visitei durante 15 días unha grande parte do Curdistán, desde Diyarbakir, Dogubayazit a Igdir ou Darsin (Tunyeli). Vin aldeas desfeitas polos bombardeos, somaténs, tanques e tropas en disposición de combate en todas partes. Escoitamos os aldeáns protestando entre bágoas porque os detiñan e ameazaban por escoitar a televisión curda, ou por manter a sua cultura e língua. Lembro cómo nos mostraban dirixentes clandestinos curdos en Igdir un povo de aceries constrido en zonas das que se desaloxou a curdos. Hai centos de miles de desplazados pola guerra, amoredos nas grandes cidades, especialmente Diyarbakir. En fin unha situacion de represión, detencions arbitrarias, tortura, aniquilamento dunha identidade nacional. Todo esto dase co consentimento de Estados Unidos e a Union Europea. Nomeadamente Alemaña é un grande fornecedor de armas de Turquia. O PKK e o HADEP non son organizacións terroristas, senón a expresión do único xeito de resistencia que ten este vello país. Abdula Ocalan é un patriota, un loitador pola liberdade do seu povo e todos os paises oprimidos. A esquerda italiana (que governa agora en Roma) debe demostrar agora que non segue as mesmas consignas da Democrácia Cristiana, e quen non pesa mais a carteira que a razón nas relacións exteriores. Como actue servira tamén para medir se houbo mudanzas en Itália, e que dá de si estos inventos da "terceira vía". En todo caso, calquera sexa a decisión, xulguen ou non a Ocalan, o problema curdo e a sua loita non deixara de puxar até conquetir o recoñecemento da sua identidade nacional e un autogoverno. Manuel Mera é o presidente da CIG
|