"A FEIRA DAS MENTIRAS"todo sobre o macroevento!!!


por Casdeiro / San Xoán'98


*introito*onde será *cando há de ser*canto há custar *o desmaio*caravana f.c. *pulpo fiction: o futebol da feira*circo*concertos*aldea terremota*encontro de regueifeiros*encontro repente e regueifa*a feira, feira*mini cenário*a discoteca*teatro*talleres para nenos*feira de artesania*I copa do mundo fisterra de futbolin*lili e atlántida tv*telefone da feira das mentiras*primeiro ciberdocumento sobre este macroproxecto mentireiro de manu chao*ENTREVISTA CON MANU CHAO SOBRE A FEIRA DAS MENTIRAS


* SANTIAGO DE COMPOSTELA, POR ONDE SAIRÁ O SOL... (introito)

Algunhas avoas nas aldeas de Galiza usan a palabra aventurar co significado de apostar. Para elas é exactamente o mesmo, unen no seu discurso aposta e aventura. Nós tamén o sentimos asi. A Feira das Mentiras é un proxecto que ante todo aposta por unha nova actitude na concepción da festa, o espectáculo, o mundo. É un compromiso, un intento natural, un detalle, unha viaxe que como boa viaxe sirva para contar-nos a nos mesmos.

un, dous, tres o mundo ao revés...
tres, dous, un...

Por agora só sabemos que é muita a confusión, muita a dispersión e muita a mentira mas tamén que é na Feira onde soan os tambores da rebelión e a surpresa. Polo tanto abrimos a boca, aventuramo-nos, apostamos, estamos dispostos a soltar-nos con este brinco-desafío que comeza en Santiago con formato e espírito de Feira itinerante, de circo perdido de fin de milénio.

A Feira das Mentiras dotada con várias carpas e catro cenários é verbena, e concertos e polbo e talleres para nenos e futbolístico e romaria e futbolín e regueifa e artesania. Encontra o teu lugar!

.............Pulpo Fiction.............Aldea Terremota.............A Feira, Feira.............

O noso é un conto infinito que se nutriu das histórias que nenos e non tan nenos de todo o mundo nos foron contando con peito e paixón.

É un conto onde Pepiño Pereiro, un can de palleiro natural de Herbón (Galiza) emigra a Venezuela empurrado pola fame e casa con Machu Pichu , a indíxena guajira crocrodrila muda. Xuntos teñen un fillo, o mestizo Cancodrilo, que axiña se converterá en negociante e que chorará bagoas de ouro e alquitrán. Na sua vida-labirinto, o Cancodrilo encontra-se con Super Changó, o tormentoso deus nixeriano e namora-se de Roxiña, a vacalouca de Extramundi. Serán tempos de perigo e confusión, tempos de mentira que o polbo mais temible e a Ultima Onda, deusa do Fin do Mundo aproveitarán para desencadear unha catástrofe ecolóxica terríbel. Non haberá solución aparente, só nove probas e unha oportunidade.

O noso é un conto que crece, camiña, asusta e fai rir. É fío conductor e faro ao mesmo tempo. Nel, só as vacas, os trasnos e os nenos terán as chaves para encontrar o tesouro.

voltar ao comezo do documento


* ONDE SERÁ

Celebrará-se en Salgueiriños, que foi o mercado central de gando de Santiago de Compostela até o pasado 21 de maio. A él chega-se rodada ou peatonalmente desde a Estación de trens e desde a Estación de coches de liña, situada da primeira a una distáncia equivalente a 15 minutos a pé e a 10 minutos da segunda.

Durante os dias que dure a Feira das Mentiras dias Salgueiriños estará dotado dun estacionamento de 1000 prazas.

voltar ao comezo do documento

* CANDO HÁ DE SER

 

voltar ao comezo do documento

 

* CANTO HÁ CUSTAR

 Entrada

Martes/Terza feira 07-08-98

1.000 pesetas (200 pesos)

 

Mércores/Cuarta feira 08-08-98

1.000 pesetas (200 pesos)

 

Venres/Sexta feira 10-08-98

1.500 pesetas (300 pesos)

 

Sábado 11-08-98

1.500 pesetas (300 pesos)

 

Domingo 12-08-98

1.500 pesetas (300 pesos)

Bonos

Os cinco dias

5000 pesetas (1000 pesos)

Nenos (até 12 anos)

 

200 pesetas (40 pesos)

(O Xoves/Quinta feira 9 de xullo a Feira das Mentiras estará fechada)

voltar ao comezo do documento

 

* O DESMAIO

Son muitos os que teñen nutrido o proxecto con ideas, con consellos e con ilusión. O conto deu a volta ao mundo e artistas e amigos de aqui e alá senten-se e son, loxicamente, parte integrante da Feira.

Querian participar, vir como fose, estaren presentes e apoiar o evento coa sua frescura, saber facer e vontade de festa. De esa sá inquietude, naceu O desmaio.

O desmaio será o niño da Corte Milagreira, Un lugar ubicado no corazón do mesmo Mercado de Salgueiriños onde habitarán todos aqueles que, desde sempre, quixeran nutrir a Feira das Mentiras. O desmaio será o niño da Corte Milagreira, un marcapasos, unha garantia, seguramente o lugar onde un poderá sentir sen problema os latidos de Changó. Desde o dia 6 e até o dia 13 o Desmaio acollerá aos aventureiros, fillos e pais do grande conto, a uns 250 mentireiros básicos e irremovíbeis que seguro distinguiredes.

voltar ao comezo do documento

 

* CARAVANA F.C.

Celebrará-se os dias 7, 8, 10, 11 e 12 de xullo coincidindo coas semifinais, e a final do Mundial de Futebol. Haberá partido todos os dias excepto o Venres/Sexta feira 10 de xullo.

voltar ao comezo do documento

 

* PULPO FICTION: o FUTEBOL da FEIRA

Na grande carpa transmitirán-se en directo e a partir do mesmo dia 7, os partidos da Copa do Mundo de Futebol.

O Pulpo Fiction recriará, polo tanto, o ambiente emocionante dun estadio retransmitindo os partidos en pantalla xigante con unha potente equipa de son.

Para a ocasión contará-se coa colaboración duns cronistas de excepción, periodistas deportivos habituais e mui coñecidos en Galiza que farán vibrar ao graderio e que estarán acompañados de comentaristas únicos e mui queridos pola afeizón.

Retransmitirán os partidos:

Martes/Terza feira 07-08-98

Carlos Blanco/Risoterapia: Paco Lodeiro e Carlos Gimenéz

Mércores/Cuarta feira 08-08-98

Víctor López

Sábado 11-08-98

Tomás Alonso e Chévere Teatro

Domingo 12-08-98

Xan Barro

O público, sempre protagonista, tamén poderá participar cos seus comentarios por micro.

Os tambores, siareiros, bandas e murgas ambientarán as xogadas e animarán ás suas equipas favoritas.

Nos descansos os Mariachis animarán ao persoal coas suas cancións e a sua alegria habitual.

voltar ao comezo do documento

 

 * CIRCO

Xusto despois do futebol entrarán os cabalos na pista. Circo e música a cargo da Banda de Jojó, un grupo francés incondicional dos festivais montados pola Caravane des Quartiers.

Caravane des Quartiers, nacida en 1989, esta asociación francesa é hoxe un proxecto socio-cultural que instala as suas carpas en barrios populares e deprimidos para organizar con e para os habitantes e asociacións do lugar, uns dias de festas, intercámbios e convivéncia.

Fruto do encontro entre asociacións de bairro de várias cidades francesas, Caravane des Quartiers é un espazo mestizo, de mestura de culturas, idades e orixes.

Caravana é solidariedade polos catro costados. Nela concretan-se o espírito comunitário, e unha ética do compartir e da axuda mutua. Caravana é un proxecto cidadán no cal todos son actores e todos responsábeis.

voltar ao comezo do documento

 

 * CONCERTOS

Os concertos abren e fechan a carpa do Pulpo Fiction.

Ás oito, un grupo galego e bravú inaugurará a festa e animará o ambiente mentres "os graderios" se van enchendo e carreando baterias para o futebol.

Ás 1.30 h, hora brava, xusto despois da intervención da Banda de Jojó será o turno de mais grupos de música. Propomos estilos e tendéncias diferentes que se encontran nunha mesma actitude fresca, chea e desenfreada. Haberá de todo, rock latino, tex mex, ragga muffin, música de banda, reaggae, canción melódica, cumbias, rancheras, ská, etc. Muitos deles soarán-vos desde a primeira canción, outros esperamos que vos resulten un grato descobrimento.

voltar ao comezo do documento

 

 *ALDEA TERREMOTA

Outro dos espazos da nosa Feira será a Aldea Terremota, un submundo con sabor a romaria, un espazo coordenado por Xurxo Souto, Mercedes Peón e Fernando Cruz, que acollerá aos mais destacados representantes do Folklore Vivo de Galiza invitados a tocar e cantar durante os dias do evento.

O domingo, dia da grande final de futebol, os latidos da Aldea Terremota e no meio dunha gran "treboada" invadirán o cenário do Pulpo Fiction coa sua paixón desbordante.

voltar ao comezo do documento

 

* ENCONTRO DE REGUEIFEIROS

En colaboración co Centro Valadares de Vigo e a Asociación Oral, o sábado a partir das 20 horas e dentro do espazo da Aldea Terremota, celebrará-se o Encontro de Novos Regueifeiros. Con este encontro pretende-se recuperar estes apaixoantes dós sen balas e achegar-nos ao que será a regueifa do sXXI, sen perder nunca os costumes do estilo popular. Todo o que teña que ver coa improvisación, o desafio, o inxenio, xá que unha tradición que queira sobrevivir debe ter unha presenza activa na sociedade e para acadar iso calquer método é válido. Contaremos co estandarte dos regueifeiros galegos, Calviño de Tallón e mais co Pinto D´Herbón.

voltar ao comezo do documento

 

* ENCONTRO REPENTE E REGUEIFA

"E como o vou desafiar?

Como o vello José, de repente! veña lanza-te, antes de que se vaia,... lanza-te xá... de repente"

O soño de Carirí. Manu Chao.

Augardente e Cachaça e ritmo. Este vai ser o desafio do século. Tres repentistas do Nordeste Brasileiro que se medirán con regueifeiros galegos. Un combate sen igual. Atreve-te a entrar no meio da tormenta, no ollo do ciclón. Non soltes o timón que o mar está bravú.

voltar ao comezo do documento

 

* A FEIRA, FEIRA

O grande tambor de Lua, presidirá o espazo da Feira. Esta estará ubicada na rua central do recinto franqueada polas carpas Pulpo Fiction e Aldea Terremota.

Na Feira un poderá xogar ao tute, facer-se unha tatuaxe, comer polbo, palomitas ou xelado. Será neste pequeno caos onde o persoal da Corte Milagreira despregará as suas vocacións perante a mirada atónita de todos os que por ali paseen.

voltar ao comezo do documento

 

* MINI CENÁRIO

Nunha pequena praza-cenário presentarán-se, mesturarán-se e atreverán-se diferentes formacións musicais e teatrais do mais inverosímil. Surpresas e tesouros que, sen estar anunciados, poden sacudir o terreo.

voltar ao comezo do documento

 

* A DISCOTECA

Até que o corpo aguante. Só se vive unha vez e baila-se muitas... Pouco mais se pode dicer deste espazo e poucos serán os que non o pisen e repisen...

DJ´WAGNER PA. Brasiliafrolatingrooves. E con iso queda dito todo

DJ´SHOW ARMA.Patxangalatinfeeling. O mundo en Dusminguet.

DJ´MEREY. Hiphopsalseroraggasonico. Latinos del mundo... xá ti sabes.

voltar ao comezo do documento

 

* TEATRO

Somos a Corte milagreira da Feira das Mentiras. Devotos da tola Santa Trola (irmá pequena de Santa Troula, que ten unha letra máis)...Cando entres na Feira non desconfies de ninguén. Calquera dos que te rodea pode ter un demo metido no peto, ou unha pequena história, ou algo molón...Pode ser de "Tanxarina", "Los de Teruel", "Teresa Calafell", "Paola", "Lois Soaxe", "Zurraspás", "Rosa, Ursia e Natélia", "Totó"...

voltar ao comezo do documento

 

 * TALLERES PARA NENOS

Nesta mesma carpa, polas tardes, ECOIMAXINA traballará cos nenos na creación de obxectos e xoguetes con materiais reciclados.

ECOIMAXINA é un grupo de educadores especializados en actividades infantís que desde hai varios anos traballa no proxecto de crear xoguetes con lixo e ensina a os nenos a construir os seus próprio obxectos para xogar empregando os resíduos producidos na sua casa.

Os cativos son polo tanto os protagonistas e poden criar o seus xoguetes dun xeito didáctico, coa intención que eles podan ver unha utilidade no material de refugallo.

Ademais deles, haberá un taller de trapécio e vários colectivos de Galiza e parte dos inquilinos do noso particular Hostal farán que os nenos o pasen en grande na Feira das Mentiras.

Organizarán-se autocares chegados de toda Galiza para que asociacións e grupos de nenos podan pasar unha tarde connosco.

voltar ao comezo do documento

 

 * FEIRA DE ARTESANIA

En colaboración coa Asociación Profesional Galega de Artesáns, montará-se durante eses dias na Feira das Mentiras unha mini-feira de artesania e de toda caste de produccións alternativas.

voltar ao comezo do documento

 

 * I COPA DO MUNDO FISTERRA DE FUTBOLIN

Con xuíces e trofeos!

Alejandro Finisterre, inventor do futbolín, apadriñará a I Copa Finisterre desta modalidade.

Os partidos desenvolverán-se no espazo de futbolíns ubicado na Feira e a estructura básica de funcionamento seguira as regras propias de calquer campionato de futebol con oitavos, cuartos de final, semifinal e final.

Os xogadores seleccionados terán, durante os dias seguintes de competición, aceso de balde ao recinto.

Haberá premios (por concretar)

voltar ao comezo do documento

 

* LILI E ATLÁNTIDA TV

É ela e ven presentar a Feira das Mentiras. Coñeza en vivo á desexada artista, nai exemplar e sex-symbol do 2000.

Lili, a grande estrela de Atlántida TV, vida directamente de Colómbia para a ocasión, compartirá con os seus incondicionais uns dias de festa e alegria en Galiza.

Para os fans que queiran acudir a aeroporto, Lili chegará a Santiago o dia 29 de xuño.

Aínda asi, ao tempo que se achegue o evento, informaremos-vos pontualmente da axenda diária desta excepcional estrela e de todos os actos públicos aos que asistirá en Santiago.

Ademais, pode presentar-se xá ao concurso PRIVILÉXIO! que se gaña ofrecerá-lle a incrible oportunidade de coñecer persoalmente e vivir unha xornada da Feira das Mentiras desde bambalinas e acompañando a Lili en todas as suas intervencións en Atlántida TV.

Sinta-a mais perto que nunca, non se corte e disfrute desta ocasión única de ter a Lili na sua cidade.

voltar ao comezo do documento

 

 * TELEFONE DA FEIRA DAS MENTIRAS

981 55 89 42

voltar ao comezo do documento

 

* PRIMEIRO CIBERDOCUMENTO SOBRE ESTE MACROPROXECTO MENTIREIRO DE MANU CHAO

http://www.simil.com/dma/estafa.htm

 voltar ao comezo do documento

 


ENTREVISTA CON MANU CHAO SOBRE A FEIRA DAS MENTIRAS
Synapsis Home Page Mais artigos sobre Música Mais artigos em galego-português