9.3.- Interconexión de funcións a través de pontos de referéncia

A figura 5 dá un exemplo de como os diversos blocos funcionais se poden interconectar mediante os pontos de referéncia. Desde a perspectiva do TMN, unha interface basea-se no ponto de referéncia, a pesar de que as interfaces físicas pode que non sexan visíbeis porque os pontos de referéncia poden estar contidos no interior dos equipamentos.

Figura 5: Blocos funcionais e pontos de referéncia

 

Os pontos de referéncia q son usados para separar o fluxo de información entre blocos funcionais. Como norma xeral, os blocos funcionais que usan os pontos de referéncia q pode que non suporten todos os servizos do modelo de referéncia do TMN. Ademais, estes pontos q están definidos entre certos conxuntos de blocos funcionais como se amosa na figura 5.

Os pontos de referéncia f están situados só entre blocos funcionais F.E.T. e F.S.O. e/ou blocos F.E.T. e F.M.

Os pontos de referéncia x están situados só entre blocos funcionais F.S.O. que residen en diferentes TMN’s.

Os pontos de referéncia g están situados fora do TMN. Está considerado unha interface entre un F.E.T. e un usuário humano. TMN non define as operacións neste ponto de referéncia, pero há información disponíbel na série Z.3000. Similarmente, os pontos de referéncia m están situados fora do TMN, entre o F.A.Q. e entidades que non son TMN.


Anterior documento de T.M.N. Índice de T.M.N. Seguinte documento de T.M.N.


Synapsis Home Page Mais artigos de ciência de computadores Mais artigos em galego-português