|
9.2.- Pontos de referéncia TMN TMN usa os pontos de referéncia para delimitar as fronteiras que dividen os blocos de funcións. Estes pontos de referéncia serven para identificar a información que se transfire de uns blocos de funcións a outros. Como se pode ver na figura 3, há tres clases de pontos de referéncia TMN:
Figura 3: Pontos de referéncia TMN O ponto de referéncia x existe entre F.S.O.’s de dous TMN’s distintos, e tamén pode existir entre un F.S.O. de un TMN e unha entidade que non sexa TMN pero que realice operacións parecidas ás do F.S.O. Os outros dous pontos de referéncia, g e m, están fora do ámbito do TMN. Situan-se entre entidades que non son TMN e, respectivamente, as partes de F.E.T. e F.A.Q. que non son TMN. O ponto de referéncia g existe entre un F.E.T. e os usuários finais. O ponto de referéncia m existe entre un F.A.Q. e as entidades xestionadas que non seguen o estándar TMN.
Os pontos de referéncia definen as séries e mensaxes protocolárias que se usan no intercámbio de información entre funcións TMN. A base das interfaces son conceitos de orientación a obxectos. Polo tanto, as mensaxes intercambiadas nos pontos de referéncia tratan con obxectos. Os obxectos son definidos nos pontos de referéncia, asi como as operacións válidas para cada ponto de referéncia. A figura 4 indica duas partes fundamentais do TMN: as funcións de comunicación de dados (F.C.D.) e as funcións de comunicacións de mensaxes (F.C.M.). F.C.Dados ten a responsabilidade de subministrar os servizos de transporte, o que inclui as funcións típicas dos níveis OSI: físico, enlace, e rede. TMN non ten nengun requerimento especial en canto a que protocolos residen no F.C.D. Consecuentemente, estes servizos poden ser providos por X.25, redes de área metropolitana, SS#7 ou SONET. F.C.Mensaxes está asociada con calquera dos blocos funcionais TMN que teñen unha interface física. O seu propósito é intercambiar información de xestión entre as entidades funcionais que se encontran no mesmo nível protocolário. Consiste en pillas protocolárias que permiten a comunicación dos blocos funcionais ao F.C.Dados. Se é necesário, tamén pode encarregar-se de servizos de converxéncia entre protocolos.
Figura 4: Rois das funcións de comunicación de dados (F.C.D.) e das funcións de comunicación de mensaxes (F.C.M.)
(A comunicación "nível a nível" ¾ peer-to-peer communication¾ que se indica na figura 4 é a que se dá nun sistema que usa protocolos escalados en níveis. Cada componente lóxico ou físico pode-se considerar que se comunica só con componentes do seu mesmo nível a través da conexión que estabelecen as capas inferiores. Na comunicación nível a nível ambos extremos teñen o mesmo grau de responsabilidade de iniciar, manter e acabar a sesión. Contrasta co modelo cliente/servidor. Contrasta tamén coas comunicacións mestre/esclavo nas que a máquina anfitriona decide cais usuários poden iniciar cais sesións. Se o anfitrión estivese programado para permitir a todos os usuários iniciar todas as sesións, para o usuário semellaria ser un sistema nível a nível)
|