A base da arquitectura do TMN son as funcións TMN (e os blocos de funcións). Estes blocos funcionais descreben as activididades que o TMN leva a cabo nas suas responsabilidades de xestión. Os blocos de funcións están á sua vez organizados noutros componentes funcionais. Calquer par de blocos de funcións que intercambien información entre eles están separados por pontos de referéncia.
|
Componente do sistema |
Abreviatura Inglesa |
Bloco funcional |
Abreviatura Inglesa |
Descrición |
|
Sistema de suporte a operacións (S.O.) |
OS |
Función de sistema de operacións (F.S.O.) |
OSF |
Monitoriza e controla as funcións de xestión de telecomunicacións. |
|
Dispositivo de mediación |
MD |
Función de mediación (F.M.) |
MF |
Encarrega-se da función de "traducción" entre interfaces que seguen exactamente o modelo de información do F.S.O., e interfaces locais TMN. Asegura que a información que pasa entre un sistema de operacións e un elemento de rede ou adaptador Q está correcta con respecto a ámbito, limitacións, filtros, etc. A mediación pode ser exercida por xerarquias de sucesivos blocos funcionais de mediación (en cascada).
Actua como conversor entre o bloco F.S.O. e F.E.R. (ou F.A.Q.) no caso de que estes blocos de funcións teñan algunha diferenza que faga falta resolver. |
|
Adaptador Q |
QA |
Función de adaptador Q (F.A.Q.) |
QAF |
Permite-lle ao TMN manexar elementos de rede que non teñen interfaces TMN. F.A.Q. pode adaptar entre duas interfaces non-TMN ou entre unha interface TMN e outra que non o sexa.
Actua como conversor entre as funcións TMN e as funcións de fora do TMN que son de algun modo semellantes a F.E.R. e F.S.O. Traduce entre un ponto de referéncia TMN e un ponto de referéncia próprietário. |
|
Elemento de rede |
NE |
Función de elemento de rede (F.E.R.) |
NEF |
Leva a cabo funcións de elementos de rede: fucións de telecomunicacións e suporte xestionadas polo TMN.
Encarrega-se da comunicación co TMN para que a rede administrada sexa xestionada. É responsábel de representar as funcións xestionadas no TMN, xa que estas funcións non son parte do TMN. |
|
Estación de traballo |
WS |
Función de estación de traballo (F.E.T.) |
WSF |
Executa as funcións da estación de traballo, que traducen información entre o formato TMN e un formato que se poda amosar por pantalla.
Actua como interface co usuário humano e, polo tanto, ten unha parte da sua operativa fora do ámbito do TMN. |
A figura 2 amosa os blocos de funcións que están directamente relacionados coas operacións de xestión do TMN. Os círculos da figura simbolizan as funcións, algunhas das cais non están completamente dentro do TMN.