 6.- Que define o TMN?
TMN define as funcións principais que unha rede de xestión de telecomunicacións debe levar a cabo, asi como as interfaces que haberá entre estas funcións e o equipamento que o usuário vai usar. Tamén define os pontos de referéncia de un sistema de xestión.
TMN habilita, como se ve na figura 1, as seguintes operacións:
§ as operacións dos níveis do sistema de intercámbio e de transmisión.
§ as operacións entre a rede TMN e os dispositivos do usuário.
§ as comunicacións entre sistemas de suporte a operacións de distintos fabricantes. (Na figura 1, S.O.’s).

Figura 1: Como encaixa o TMN nunha rede de telecomunicacións
Há que subliñar que o TMN é unha rede á parte; e desde o ponto de vista lóxico, TMN é unha rede distinta das redes que están sendo xestionadas.
Os principios do TMN son incorporados a unha rede de telecomunicacións para enviar e receber información e para xestionar os recursos da rede.
TMN realiza a labor anfitrión das funcións de xestión e comunicacións para a operativa, administración e mantimento de redes de telecomunicacións e dos seus servizos en entornos onde se traballa con produtos de distintos fabricantes.
Dicíamos antes que TMN usa os estándares de xestión de OSI como marco de referéncia.
As funcións TMN serán usadas como pezas angulares para a implementación das cinco áreas funcionais enunciadas pola OSI e que o TMN segue:
§ xestión de seguridade
§ xestión de rendimento
§ xestión de contas
§ xestión de configuración
§ xestión de fallos
(Por exemplo: xestión de servizos, altas/baixas/configuración e controlo de usuários, xestión da anchura de banda, etc)
TMN especifica:
· os níveis de funcionalidade:
§ xestión de servizos
§ xestión de rede
§ xestión de elementos de rede
· a arquitectura física e funcional para sistemas operativos, elementos de rede e a interacción destinada ao intercámbio de información de xestión.
· o método para a descrición da información de xestión, que se descrebe en función dos obxectos xestionados.
|