5.- TMN, estándar baseado en estándares
A coeréncia do TMN parte do feito de que, se pretende ser un estándar, o seu deseño debe seguir na medida do posíbel os estándares que xa há. As interfaces e arquitectura do TMN, definidas na série de recomendacións M.3000 da ITU, basean-se nos estandares existentes. Estes estándares incluen, (sen limitar-se a eles) a:
· CMIP: define os servizos de xestión que se intercambian entre as entidades de un mesmo nível protocolário.
· Directrices para a definición de obxectos administrados (guidelines for definition of managed objects, GDMO): prové padróns para a clasificación e descrición dos recursos que se están xestionando.
· Abstract Syntax Notation One (ASN.1): dá as regras de sintaxe para os tipos de dados.
· Modelo de referéncia OSI (open systems interconnection): define os sete níveis da torre OSI. Nunha rede TMN há os sete níveis OSI.
|