11.- A resposta da indústria ao TMN

TMN é visto globalmente como a base para o futuro das redes de telecomunicacións. Coa crescente aceitación a escala mundial do TMN por parte dos provedores de telecomunicacións, os fabricantes de equipamento deben suportar o TMN para poderen ser compatitivos.

Ademais, os expertos coinciden en que é esencial un plan de migración dos sistemas existentes cara o TMN.

Unha proposta de arquitectura de migración a SNMP pode ver-se na figura 10, á direita.

Figura 10

Microsoft

Microsoft ten-se asociado con vertel, empresa líder na fabricación de produtos que seguen o estándar TMN. Xuntas, apresentaron (xa en 1997) software que habilita a xestión TMN desde Windows NT.

"Recoñecemos a importáncia crescente do TMN para os provedores de servizos de telecomunicacións nesta época de desregulización e alta competitividade" ¾ Bill Anderson, director de telecomunicacións de Microsoft.

Vertel comercializa un axente de xestión dual que suporta tanto SNMP como as especificacións CMIP que se usan no TMN.

"Os provedores están demandando suporte TMN, e unha vez que xa o teñen funcionando, constatan os evidentes benefícios" ¾ Bruce Brown, presidente de Vertel.

IBM

IBM considera que "TMN é o futuro para os novos servizos multimédia" e xa oferece no mercado unha família de produtos TMN (IBM NetView TMN Support Facility for AIX, IBM TMN WorkBench for AIX).

SUN

SUN Microsystems oferece Solstice, un adaptador Q TMN/SNMP que permite integrar as redes SNMP nunha rede TMN, traducindo os protocolos CMIP/OSI a SNMP e viceversa. SUN califica TMN como "sistema orientado a obxectos e distribuido que oferece garantias de flexibilidade e seguridade". SUN contribui asi á transición de SNMP a TMN.


Anterior documento de T.M.N. Índice de T.M.N. Fin dos documentos de TMN


Synapsis Home Page Mais artigos de ciência de computadores Mais artigos em galego-português