|
|
|
Nível Ocupa-se de: |
|
BML (negócio) Planificación a alto nível, orzamentos, elección de grandes obxectivos, decisións executivas, acordos de negócio, etc. |
|
SML (servizos) Usa a información apresentada polo NML para xestionar os servizos contratados a clientes en firme e potenciais. Este é o ponto básico de contacto cos clientes para aprovisonamento, contas, calidade de servizo, e xestión de fallos. O SML tamén é o ponto clave para a interacción cos provedores de servizos e con outros domínios administrativos. Mantén datos estáticos para suportar a calidade de servizo, etc. Os S.O.’s que há no SML interactuan cos S.O.’s de SML de outros domínios administrativos a través da interface x, e cos S.O.’s de BML a través da interface q3. |
|
NML (rede) Ten a visibilidade da rede inteira, baseada na información de elementos de rede apresentada polos S.O’s do EML. O NML xestiona elementos de rede individuais e todos os os elementos de rede como conxunto. Isto é: o NML ten a primeira "visión xestionada" da rede. O NML coordina todas as actividades da rede e demandas do SML. Os S.O.’s do NML interactuan cos S.O.’s do SML a través da interface q3. |
|
EML (elemento) Xestiona cada elemento de rede. O EML ten xestores de elementos, ou S.O.’s, cada un dos cais é responsábel da información manexábel polo TMN en determinados elementos de rede. En xeral, un xestor de elementos é responsábel de un subconxunto de elementos de rede. Un xestor de elementos administra datos do elemento de rede, arquivos de incidéncias, actividade, etc. Loxicamente, os dispositivos de mediación están no EML, mesmo cando están fisicamente localizados en algunha outra capa, como a NML ou SML. Un dispositivo de mediación comunica-se con un S.O. de EML a través da interface q3. Ademais, un S.O. de EML apresenta a sua información xestionada desde un subconxunto de elementos de rede ata un S.O. no NML a través da interface q3. |
|
NEL (elemento de rede) Apresenta a información manexábel polo TMN nun elemento de rede individual. Tanto o adaptador q, que adapta entre información TMN e outra que non o é, como o elemento de rede, están situados no NEL. Ou sexa que o NEL interactua entre a información próprietaria e a infraestrutura TMN. |
Cuadro 2: O modelo lóxico TMN
| Anterior documento de T.M.N. | Índice de T.M.N. | Seguinte documento de T.M.N. |
| Synapsis Home Page | Mais artigos de ciência de computadores | Mais artigos em galego-português |