 1.- Entorno tecnolóxico
As redes de telecomunicacións están medrando en intelixéncia, tamaño e cada vez son mais distribuidas. No decorrer dos anos 90, as expectativas son que as redes de telecomunicacións se convirtan en redes baseadas no software, dotadas de milleiros de elementos de rede intelixentes que subministrarán servizos de información, co conseguinte benefício e redución de custos de xestión e de operativa da rede. Polo tanto, será imposíbel operar e xestionar estas redes intelixentes sen ter unha infraestrutura axeitada debidamente configurada.
|