A presente BDR foi deseñada como continuación e mellora da que Kike Benlloch fixera hai tempo para Synapsis, concretamente neste artigo, concebida ao primeiro para o rexistro de unha colección persoal de comics. Pero segundo se ia deseñando, ia-se facendo mais e mais evidente que incorporar á mesma o rexistro de revistas e libros (novelas, ensaios científicos, obras de poesia e teatro, textos historiográficos, etcétera) e calquer material impreso (revistas, boletíns, ...) non só era extremadamente sinxelo senón que aportaba unha prestación de considerábel importáncia.Esta Biblioteca Lucien ten como finalidade principal gardar información de exemplares presentes nela, rexistrando todos cantos dados relativos a cada un deles se consideren de interese. Haberá xeitos de almacenar dados técnicos sobre editoriais e periodos de edición e sobre todos e cada un dos autores participantes en cada obra concreta, así como que labor desenrolou cada unha destas persoas nos proxectos levados a cabo en equipo. Existirá a posibilidade de estudar como se organizan os criadores en grupos estábeis de traballo. Poderá-se facer unha reconstrucción de edicións orixinais desde unha publicación foránea posterior rastreando como os materiais de orixen se fraccionaron.