DICIONÁRIO DE DADOS

EXEMPLAR
TITULO
PERIODO DE EDICIÓN
SELO
GRUPO
DISTRIBUIDOR
ESTUDO
COMPAÑIA
LABOR
CRIADOR
PERIODO DE DIRECCIÓN
PERIODO DE PERTENZA

EXEMPLAR

Exemplar é unha copia, volume ou número físico pertencente á biblioteca. En caso de non estar presente nela, tráta-se de un exemplar sobre o que hai interese en ter constáncia, ben con miras a o adquirir ou ben porque algún exemplar si existente na biblioteca garda relación con el.

cod_exmplr

- - - - - - - - - -

"código de exemplar"

Número ordinal que o exemplar recebe por ser un elemento do conxunto TÍTULO. En outros casos, exerce de descritor. Como clave, é un dado obrigatório: non se pode rexistrar un exemplar na biblioteca se non se sabe o seu código.

Valores posibles (máximo 7 posicións alfanuméricas):

  • un número enteiro "-1", "0", "1", "2", "3", ...

<=> o exemplar é parte de unha série (os enteiros negativos e cero están reservados a números preliminares).

  • un número enteiro seguido de unha maiúscula "1A", "1B", ...

<=> o exemplar é parte de unha série

/\ o exemplar é unha edición variante (especial) do número regular indicado co número enteiro.

  • un enteiro mais unha fracción "50 1/2", ...

<=> o exemplar é unha edición especial que se situa entre dous números regulares (no exemplo, entre os nºs 50 e 51).

  • "ANN****" [Annual]

<=> o exemplar é un especial anual do ano ****.

  • "OS" [One Shot]

<=> o exemplar é único

/\ o exemplar non é recopilatório [non recolle material anteriormente publicado fragmentado].

  • "TPB" [Trade Paper Back]

<=> o exemplar é único

/\ o exemplar é recopilatório [recolle material anteriormente publicado fragmentado].

  • "TPB*" [Trade Paper Back #* onde * é un enteiro]

<=> o exemplar é parte de unha série "TPB1", "TPB2", ...

/\ o exemplar é recopilatório [recolle material anteriormente publicado fragmentado].

  • "P****"

<=> o exemplar é un especial de Primavera do ano ****.

  • "V****"

<=> o exemplar é un especial de Verán do ano ****.

  • "O****"

<=> o exemplar é un especial de Outono do ano ****.

  • "I****"

<=> o exemplar é un especial de Inverno do ano ****.

  • "SPED*" [Special Edition #* onde * é un enteiro]

<=> o exemplar é un número especial

/\ o exemplar non corresponde a nengunha estación (primavera, verán, ...)

/\ o exemplar non é un especial anual.

data_edcn_exmplr

"data de edición de exemplar"

Data na que o exemplar saiu ao mercado. Non é un dado obrigatório: pode que non saibamos en que data se editou determinado exemplar do que queremos gardar información.

data_adqscn_exmplr

"data de adquisición de exemplar"

Data na que o exemplar pasou a ser parte da biblioteca. Non é un dado obrigatório: queremos poder gardar dados de exemplares que ben non foron adquiridos ainda ou simplemente non se van adquirir pero dos que se quere gardar constáncia.

sw_prsnza_exmplr

"switch de presenza de exemplar"

Valor booleano que indica se o exemplar do cal gardamos información foi adquirido ou non. É un dado obrigatório: necesariamente se debe saber se determinado exemplar existe físicamente na biblioteca ou non.

imp_adqscn_exmplr

"importe de adquisición de exemplar"

Prezo en pesetas (cinco posicións enteiras, cinco cifras decimais). Non é un dado obrigatório. Hai exemplares na biblioteca adquiridos antes de que existise a BD e dos que non hai constáncia de importe de compra.

imp_prtda_exmplr

"importe de portada de exemplar"

Prezo en pesetas (cinco posicións enteiras, cinco cifras decimais) en pesetas ou en outra moeda (dólares, francos, libras) que consta na portada do exemplar. Non é un dado obrigatório.

imp_afrro_exmplr

"importe de aforro de exemplar"

Esta cifra en pesetas (catro posicións enteiras, catro cifras decimais) será positiva se se aforrou diñeiro ao elexir unha edición mais barata, indicando a diferéncia entre a edición cara e a barata. En caso contrário, a cifra será a diferéncia igualmente, pero obviamente con signo negativo. É unha medida pouco exacta que indica tendéncias de gasto mais que valores exactos. Precisamente por isto non é un dado obrigatório.

<<< Ir ao MAPA SENSIBLE DO MODELO E/R
<<< Ir ao INDICE DE TIPOS-ENTIDADE

 

TITULO

Série de publicacións homónimas (p. ex. "Colección Ciéncias da Computación" da editorial Lautrec), colección de escritos, ou liña editorial da que se editan exemplares físicos e que á sua vez é publicada por determinado selo editor. Tamén pode denotar libros únicos (séries de un só compoñente), p. ex. "Cien años de soledad".

cod_ttlo

________

"código de título"

Código en certa medida arbitrário, de seis caracteres alfanuméricos que identifica a série ou colección ou número único. O código será unha reducción do nome_ttlo. Como clave, é un dado obrigatório.

nome_ttlo

"nome de título"

Rótulo, denominación oficial da publicación baixo a que se edita a série ou colección ou número único, dentro de 150 caracteres alfanuméricos. Xa que cod_ttlo é un dado obrigatório e o seu valor é unha reducción de nome_ttlo, indirectamente este é un dado obrigatório, ainda que en teoria non teria por que se-lo.

tex_ctgra_ttlo

"texto de categoria de título"

Indica nun máximo de 10 caracteres que clase de producto impreso é. Non é un dado obrigatório. En princípio existen as seguintes categorias:

 

"Revista"

"Comic"

"Libro"

tex_xnro_ttlo

"texto de xénero de título"

Indica nun máximo de 20 caracteres que clase de escrito é. Non é un dado obrigatório, xa que pode haber obras inclasificables ou voluntariamente inclasificadas. Só nos interesa gardar o xénero de títulos da categoria de libros. En princípio existen as seguintes clases:

"Alimentación" "Antropoloxia"

"Bioloxia" "Computación"

"Dereito" "Diário" "Empresa"

"Etica" "Filosofia" "Fiscal"

"Física" "Historiografia" "Legal"

"Lingüística" "Literatura" "Literatura Infantil"

"Matemáticas" "Novela" "Pedagoxia"

"Poesia" "Psicoterapia" "Química"

"RRHH" "Socioloxia" "Teatro"

<<< Ir ao MAPA SENSIBLE DO MODELO E/R
<<< Ir ao INDICE DE TIPOS-ENTIDADE

 

 PERIODO DE EDICIÓN

Marxen de tempo durante a cal un título é publicado baixo determinado selo editorial.

data_inco_edcn

- - - - - - - - - - - - -

"data de inicio de edición"

Data na que o TITULO se comezou a editar baixo determinado SELO. Como clave, é un dado obrigatório.

data_fin_edcn

"data de fin de edición"

Data na que o TITULO se deixou de editar baixo determinado SELO. Xa que non necesariamente o periodo rematou, non é un dado obrigatório.

<<< Ir ao MAPA SENSIBLE DO MODELO E/R
<<< Ir ao INDICE DE TIPOS-ENTIDADE

 

SELO

Pode ser tanto unha agrupación de liñas de publicacións, como mais frecuentemente, unha división formal de un grupo editorial. Os selos son departamentos propiedade da empresa.

cod_selo

________

 

"código de selo"

Código en certa medida arbitrário, de seis caracteres alfanuméricos que identifica á liña editorial ou marca que sendo parte de un GRUPO editorial, edita un ou vários TITULOs. Como clave, este dado é obrigatório.

nome_selo

"nome de selo"

Denominación oficial da liña editorial, dentro de 30 caracteres alfanuméricos. Xa que cod_selo é un dado obrigatório e o seu valor é unha reducción de nome_selo, indirectamente este é un dado obrigatório, ainda que en teoria non teria por que se-lo.

Ver aclaración ¿ESTUDO ou SELO?*

<<< Ir ao MAPA SENSIBLE DO MODELO E/R
<<< Ir ao INDICE DE TIPOS-ENTIDADE

 

GRUPO

Empresa comercial editora dividida en selos que publican títulos

cod_grpo

________

"código de grupo"

Código en certa medida arbitrário, de seis caracteres alfanuméricos que identifica ao grupo editorial que a través de unha série de SELOs publica un ou vários TITULOs. Como clave, este dado é obrigatório. É unha reducción do correspondente nome de compañia nome_cmpña.

*GRUPO é unha subclase de COMPAÑIA

<<< Ir ao MAPA SENSIBLE DO MODELO E/R
<<< Ir ao INDICE DE TIPOS-ENTIDADE
 

DISTRIBUIDOR

Empresa comercial minorista adicada á venda de publicacións.

cod_dstrbdr

__________

"código de distribuidor"

Código en certa medida arbitrário, de seis caracteres alfanuméricos que identifica ao minorista ou compañia de distribución editorial ou venda por correo. Como clave, este dado é obrigatório. É unha reducción do correspondente nome de compañia nome_cmpña.

*DISTRIBUIDOR é unha subclase de COMPAÑIA

<<< Ir ao MAPA SENSIBLE DO MODELO E/R
<<< Ir ao INDICE DE TIPOS-ENTIDADE
 

ESTUDO

Agrupación de criadores (escritores, artistas) que traballan de modo continuado e formal en equipo.

cod_estdo

__________

"código de estudo"

Código en certa medida arbitrário, de seis caracteres alfanuméricos que identifica a un grupo de CRIADORes estable e definido de traballo en equipo e por conta própia. Como clave, este dado é obrigatório. É unha reducción do correspondente nome de compañia nome_cmpña.

*ESTUDO é unha subclase de COMPAÑIA

Ver aclaración ¿ESTUDO ou SELO?*

<<< Ir ao MAPA SENSIBLE DO MODELO E/R
<<< Ir ao INDICE DE TIPOS-ENTIDADE
 

*Aclaración: ¿ESTUDO ou SELO?
  Un SELO pode ser, á parte de unha simple liña de publicacións, unha división formal de un GRUPO editorial, porén con nome, logotipo e plantilla própia (dados que saen do espectro e finalidade da presente BDR). A miudo é realmente complicado decidir se un ESTUDO con unha forte personalidade e presenza no interior de unha casa editorial deberia ser considerado como tal ou como SELO.
A tendéncia aproximada é como segue: os SELOs son departamentos propiedade da empresa, mentres que os ESTUDOs son axentes libres: grupos estables de CRIADORes (artistas, escritores, etc) que poden traballar mesmo simultaneamente en distintos EXEMPLARes editados en última instáncia por diferentes GRUPOs. Ainda cando isto non é frecuente --e un ESTUDO soe traballar case sempre para o mesmo contratista--, cabe esta posibilidade; e de feito, dá-se.
En conclusión: mentres un SELO necesariamente forma parte de un GRUPO, un ESTUDO non ten esa dependéncia.
 

COMPAÑIA

Empresa comercial.

cod_cmpña

____________

"código de compañia"

Código da compañia, nun máximo de 6 caracteres alfanuméricos. Como clave este dado é obrigatório.

nome_cmpña

"nome de compañia"

Nome oficial da compañia, nun máximo de 25 caracteres alfanuméricos. Como a clave é a grandes rasgos unha reducción deste campo, este dado é (indirectamente) obrigatório.

nome _cntcto_cmpña

 

"nome de contacto en compañia"

Nome da persoa de contacto na compañia, nun máximo de 20 caracteres alfanuméricos. Esta información pode non ser coñecida: este dado non é obrigatório.

tex_psto_cntcto_cmpña

"texto de posto de contacto en compañia"

Nome do posto, do tipo de traballo que a persoa de contacto exerce na compañia, nun máximo de 30 caracteres alfanuméricos. Esta información pode non ser coñecida: este dado non é obrigatório.

tex_endrzo_cmpña

"texto de enderezo de compañia"

35 caracteres alfanuméricos como máximo indicando rua, praza ou semellante, número, andar, porta, etc, da sede principal da compañia. Esta información pode non ser coñecida: este dado non é obrigatório.

nome_cdde_cmpña

"nome de cidade de compañia"

20 letras como máximo indicando a cidade na que está sita a sede principal da compañia. Esta información pode non ser coñecida: este dado non é obrigatório.

cod_ pstl_cmpña

"código postal de compañia"

13 caracteres alfanuméricos como máximo indicando o código postal da área xeográfica onde está sita a sede principal da compañia. Esta información pode non ser coñecida: este dado non é obrigatório.

cod_aprtdo_crrs_cmpña

"código de apartado de correos de compañia"

20 caracteres alfanuméricos como máximo indicando o código de caixón postal da sede principal da compañia. Esta información pode non ser coñecida: este dado non é obrigatório.

nome_pais_cmpña

"nome de pais de compañia"

20 letras como máximo indicando o nome do país onde está sita a sede principal da compañia. Esta información pode non ser coñecida: este dado non é obrigatório.

cod_tlfno_cmpña

"código de teléfono de compañia"

15 caracteres alfanuméricos como máximo indicando o número de teléfono da sede principal da compañia. Recordemos que sobre todo en EEUU dan-se números de teléfono co código mnemotécnico de caracteres alfabéticos que forman palabras en inglés. Esta información pode non ser coñecida: este dado non é obrigatório.

cod_enr_cmpña

"código de enderezo normalizado de recursos* de compañia"

*en inglés URL Uniform Resource Locator

40 caracteres alfanuméricos como máximo indicando o sitio de rede da compañia en transferéncia de hipertexto estándar HTTP. Non se gardará a cabeceira redundante "http://". Asi, por exemplo: "http://www.pepe.com" representará-se nesta BDR como "www.pepe.com" tan só. Esta información pode non ser coñecida: este dado non é obrigatório.

cod_crro_e_cmpña

"código de correo electrónico da compañia"

30 caracteres alfanuméricos como máximo indicando o enderezo de contacto por correo electrónico da compañia, na forma estándar usuário@máquina.domínio. Esta información pode non ser coñecida: este dado non é obrigatório.

cod_sbclse_cmpña

"código de subclase da compañia"

7 caracteres alfabéticos indicando que subclase de compañia é, sendo o valor un de entre estes catro:

"CRDR" (criador)
"DSTRBDR" (distribuidor)
"ESTDO" (estudo)
"GRPO" (grupo).
Este dado é obrigatório.

*COMPAÑIA é superclase de GRUPO, ESTUDO, CRIADOR e DISTRIBUIDOR

<<< Ir ao MAPA SENSIBLE DO MODELO E/R
<<< Ir ao INDICE DE TIPOS-ENTIDADE
 

LABOR

Tipo de traballo desenrolado por determinada criador en determinado exemplar (número) de determinado título.

tex_lbr_crdr

__________

 

"texto de labor de criador"

Descrición nun máximo de 15 caracteres alfanuméricos que identifica o tipo de traballo que un CRIADOR fai en determinado EXEMPLAR. Como clave, este dado é obrigatório. Valores predeterminados (aos que se pode engadir outros cando sexa estrictamente necesário) son, dependendo do atributo tex_ctgra_ttlo [categoria] do correspondente TITULO:

 

categoria

"termo" (descrición da labor desenrolada)

________________________________________________________________

libros

"editor" (director de publicación, especialmente cando a obra recopila a vários autores)

"escritor" (texto íntegro: novela, ensaio, obra teatral...)

"ilustrador" (debuxos que acompañan o texto)

"infografista" (deseño asistido por computadora)

revistas

"artiguista" (texto)

"ilustrador" (debuxos que acompañan o texto)

"infografista" (deseño asistido por computadora)

comics

"argumentista" (argumento)

"narrador" (narración)

"dialoguista" (diálogos)

"guionista" (argumento, narración e diálogos)

"bocetista" (debuxo preliminar a lápis)

"rematador" (debuxo definitivo a lápis)

"debuxante" (todo o debuxo a lápis)

"entintador" (entintado do traballo a lápis)

"rotulista" (deseño de burbullas de diálogo e onomatopeias)

"portadista" (deseño a lápis na portada)

"colorista" (coloreado sobre material en branco e negro)

"separador" (separación de cores)
<<< Ir ao MAPA SENSIBLE DO MODELO E/R
<<< Ir ao INDICE DE TIPOS-ENTIDADE
 

CRIADOR

Escritor ou artista.

cod_crdr

________

"código de criador"

Código en certa medida arbitrário, de seis caracteres alfanuméricos que identifica a un grupo de CRIADORes sendo unha combinación-reducción dos tres seguintes atributos, especialmente do primeiro apelido. Como clave, este dado é obrigatório.

nome_pila_crdr

"nome de pila de criador"

Máximo de 20 caracteres alfanuméricos. Este dado non é obrigatório.

nome_apld1_crdr

"nome do primeiro apelido de criador"

Máximo de 20 caracteres alfanuméricos. Este dado non é obrigatório, polo menos directamente, aínda que ao ser cod_crdr clave e unha reducción deste si hai unha obrigatoriedade indirecta.

nome_apld2_crdr

"nome do segundo apelido de criador"

Máximo de 20 caracteres alfanuméricos. Este dado non é obrigatório.

*CRIADOR é unha subclase de COMPAÑIA

<<< Ir ao MAPA SENSIBLE DO MODELO E/R
<<< Ir ao INDICE DE TIPOS-ENTIDADE
 

PERIODO DE DIRECCIÓN

Marxen de tempo durante a cal un criador dirixe determinado estudo.

data_inco_drccn

- - - - - - - - - - - - -

"data de inicio de dirección"

Data na que o CRIADOR comezou a dirixir determinado ESTUDO. Como clave, é un dado obrigatório.

data_fin_drccn

"data de fin de dirección"

Data na que o CRIADOR deixou de dirixir determinado ESTUDO. Xa que non necesariamente o periodo rematou, non é un dado obrigatório.

<<< Ir ao MAPA SENSIBLE DO MODELO E/R
<<< Ir ao INDICE DE TIPOS-ENTIDADE
 

PERIODO DE PERTENZA

Marxen de tempo durante a cal un criador é parte de un determinado estudo.

data_inco_prtnza

- - - - - - - - - - - - -

"data de inicio de pertenza"

Data na que o CRIADOR comezou a ser parte de determinado ESTUDO. Como clave, é un dado obrigatório.

data_fin_prtnza

"data de fin de pertenza"

Data na que o CRIADOR deixou de ser parte de determinado ESTUDO. Xa que non necesariamente o periodo rematou, non é un dado obrigatório.

<<< Ir ao MAPA SENSIBLE DO MODELO E/R
<<< Ir ao INDICE DE TIPOS-ENTIDADE
 


Synapsis Home Page Mais artigos de ciência de computadores Mais artigos em galego-português