CONTRA A TELEFRAGA
por Xaime Vaquero / Agosto'97

A descarada manipulación informativa que exercen a radio e a televisión galegas é de tal desfachatez, de tal insulto á intelixencia do pobo galego que non podo senón chamar á protesta masiva contra este fascismo de novo cuño. Cada dia que pasa estamos mais sumidos nunha sociedade pasiva, incapaz de respostar á política de sistemática mentira e manipulación dos feitos, de adicar a absoluta integridade das horas de emisión de medios de comunicación supostamente públicos e de todos, a lamberlle o cú ó paquidermo e os seus asociados.

A TVG non é a televisión dos galegos, é un medio noxento que serve só e exclusivamente para manter no poder a forzas reaccionarias incapaces de facer nada máis que encherense de marisco e aplaudir a simpáticas galleguiñas en festas que pagamos nós.

E gracias a Deus que en Internet estamos en igualdade de condicións e podemos loitar contra eles, cousa que non pasa na televisión ca que cada dia xanta o noso país.

O porco de pé do que Risco nos adverteu segue no poder, segue usando tirantes e por se fora pouco agora dispón dunha televisión...

¡¡para que a nosa xente siga dicindo que chove mentres mexan por eles!!

Escribe xa á

DIRECTOR DA TVG

Aptdo 707

Santiago de Compostela - 15820




Synapsis Home Page Mais artigos sobre Sociedade e Política Mais artigos em galego-português