Unha história verdadeira basada en feitos verdadeiros, en serio.
Isto que vos vou contar aconteceu antes de eu nacer. Ousexa, cando andaban as almas dos da miña quinta aboiados polo Ceo adiante, agardando a que nos asignaran pai e nai e nos mandaran dunha santa vez á Terra a sufrir neste val de bágoas e todo iso. Asi que andaba eu aboiado polo Ceo, sen corpo nen nada, mais aburrido que eu que sei. Non é que se estea mal no Ceo, de feito por definición está-se na gloria, pero en fin, que como ainda non naceches, e como non viviches, abúrres-te de mala maneira, e por non ter, nen nada que contar tés. Deus debeu de notar-me algo raro. Claro, alí eramos muitos, unha morea, pero como El sábe-o todo e todo o pode, que se é omniconsciente e omnipotente e toda a vaina esa, pois machiño, non hai maneira de agochar-lle nada. Total que un dia achegóu-se-me. Eu só falara con El un par de veces, un tipo mui campechano este Deus, que se estades a gusto, que se queredes algo, etc. Veu e díxo-me "Oes, Kike, que estamos facendo unha serie de deseños da xente que vai nacer proximamente, queres vir botar unha ollada?". Eu dixen-lle que si, non fora mosquear-se e mandar-me ao sótano cos cornudos. Pero o caso é que tanto me daba. O que pasa é que este Deus é-che o carallo, parece que che di as cousas asi como quen non quere a cousa e despois resulta que xa o tén todo maquinado. En fin. Pasaron uns dias (creo, ainda que o tempo no Ceo non pasa, ou é eterno, que nunca me entero) e ia eu botar unha pachanga a unha pista de por alí (é mui grande o sitio aquel) e no camiño crucei-me con Deus "¾ Eh, Kike, que xa están os deseños, expuxémo-los na nube 17, pása-te por alí". Pois val, o que ti digas, que para iso es o xefe. Fun ata alí con outra peña que estaba igual que eu á espera de recibir proxenitores. Habia centos e centos de mamparas, con bocetos e debuxos e mesmo fotografias de homes e mulleres que nacerian xusto despois de nós. Supuxen que todo aquelo era traballo de Deus, ainda que polo que entendin tamén habia colaboracións dos Santos e de outra personalidades do lugar. Claro, nós fixámos-nos mais nos deseños das mulleres. Habia cada unha por alí que te cagas. Parei-me diante da foto dunha 95-60-95 destas que tumban con só mira-las e case sen querer dixen "carallo, e despois queren que non pequemos". Os que estaban alí riron-se, pero apareceu o tal San Gabriel que é como o xefe dos maderos de alí, e puxo unha cara de mala hostia que para que che vou contar. Seguimos mirando ducias de imaxes...
...ata que vin a dela.
Quedei alí parado como un paspán. Creo que pasou unha eternidade, pero como xa dixen alí non corre o tempo, así que vai-te ti saber. Era simplemente... tan... tan... ousexa, era... ben, non se pode explicar con palabras. Tan absorto estaba mirando que non me din conta de que apareceu Deus alí ao lado (claro, como é omnipresente, ademais pode estar en todos os lados ao mesmo tempo). Dixo "¾ Que? Gústa-che?". Eu, que non acababa de crer que alí non houbese algún erro, preguntei-lle "¾ Pero logo tamén incluíches imaxes de ánxeles na exposición?". El contestou "¾ Non... pero agora que o dis, ésta ainda non tiña posto nome, asi que ese mesmo vai-lle ben, eh?".
Eu balubuceei, de novo mirando a fotografia "¾ Está-lle que nen pintado, ti." Os seguintes dias pasei-nos alelado de todo (non é que agora sexa mui listo, pero quero dicer que non me enteraba de nada. (...) Val, si, igual que agora.) Mesmo se cruzou comigo San Pedro, rindo complicemente entre dentes, e eu díxen-lle:
¾ Este Deus é a hostia, eh? E el contestou ¾ Home! como que a inventou el!¾ ¾ O que, a Ánxeles? ¾ Quero dicer a hostia, que non pensas en outra cousa!¾
E é verdade que non pensaba en outra cousa. Pero xa vos dixen que Deus é un xogador de poker e nunca sabes que as garda na manga. Así que me volveu a ver e dixo:
¾ Oes, que non te fagas ilusións coa rapaza esa, porque lle estamos preparando un chorbo que flipas, así que cho vexo un pouco chungo. Verás, vai ser un rapaz así mui simpático que...¾ Cala joder! ainda por riba vas-mo restregar pola cara. Pasa miña, julai!
Non volvín falar con Deus ata o dia da despedida. Eu estaba de mala hostia (a ver quen non, primeiro deseña a miña muller ideal e despois di que Santa Rita, Rita, Rita... macago...!). Pero fixen un derradeiro esforzo para lle pedir un favor:
¾ Oiches, vamos quedar amigos, eh? Xa que non me vais deixar ligar a rapaza esa, polo menos fai-me o favor de que non me cruce con ela pola vida, que así polo menos non sufro, de acordo? ¾ Home, a ver que se pode facer¾ contestou El facéndo-se o sueco.
"A ver que se pode facer, a ver que se pode facer". Desde logo, non te podes fiar nen de Cristo... por dicer algo!
Menos mal que son agnóstico!
Kike Benlloch é escritor e estudante atípico, artista asocial e bohemio de dubidosa calidade e membro do colectivo Rara Avis. |
| Synapsis Home Page | Mais artigos miscelâneos | Mais artigos em galego-português |