Cando se fala de bicicletas neste país, (case) todo o mundo pensa nelas
como nunha especialidade deportiva ou, como moito, un xoguete para rapaces. E, sen
embargo, a bici conta cun aspecto que, non por esquecido, é menos
importante ca aqueles; moi ó contrario, eu diría que a súa trascendencia é
aínda maior, pola amplitude e repercusión potencial do uso da bici como
medio de locomoción.
Sei por experiencia que falar deste tema, e ser escoitado, é difícil. E seino porque a maioría da xente ten ideas moi fixas e mentalidade moi pouco
aberta ó respecto, consecuencia todo iso da educación que todos recibemos, onde se nos presenta constantemente o vehículo motorizado en
xeral, e o coche en particular, como a panacea única e irremplazable
que había resolver tódolos nosos problemas, e déixase deliberadamente
(e intencionadamente) de lado calquera outra alternativa.
Ben; esto non é, ou non pretende ser, un panfleto pro-bici/anti-coche, como
adoita tristemente suceder cando se trata este tema, senón unha reflexión. Unha
reflexión que expoña esoutra parte da realidade que a miúdo se nos
agacha e que che dea pé a pensar e decidir por ti mesmo.
Primeiro de todo, gustaríame tentar desterrar esas ideas preconcebidas (e
alimentadas desde os medios de comunicación, que só nos amosan as
fazañas dos profesionais), sobre que a bici é exclusivamente para
deportistas ou xente pouco menos que físicamente superdotada. Nada máis lonxe
da realidade. Haiche moitas formas de andar en bici; pódese ir a cincoenta
km. por hora, pódense subir costas de quince ou vinte kilómetros... pero
tamén se puede pasear tranquilamente, algo ó alcance de absolutamente
calquera, e que non require máis esforzo que, poñamos, pasear a pé; coa
diferencia de que o paseo a pé non é un medio de locomoción demasiado
competitivo en termos de tempo empregado, agás en distancias moi curtas.
A bicicleta, si.
A vida moderna, con tódalas súas glorias e as súas miserias, fíxonos desterrar
das nosas existencias un medio de locomoción versátil, económico, ecolóxico,
cómodo, rápido...; vendéronnos, e siguen a vendernos, o coche como a
chave da nosa liberdade cando, en moitos aspectos, é máis ben a chave
da nosa escravitude (os que usen a cotío ó coche no centro dunha gran
cidade saberán ben a qué me refiro). Colapso circulatorio constante,
imposibilidade de aparcar... índices de contaminación preocupantes, ós que
o tráfico contribúe en gran medida.
A bicicleta, por suposto, ten as súas limitacións, pero é un medio de
transporte sorprendentemente adecuado para gran parte dos desprazamentos
que realizamos a cotío os entrañables urbanitas. Desplazamentos curtos, de
uns poucos kilómetros, onde unha bici se pode convertir na auténtica chave
da liberdade que o coche demostrou non poder ser: liberdade para ir ó teu
ritmo, e non ó que che marca ó tráfico; liberdade para inicia-la túa viaxe cando
che peta, e non cando pasa por aí o autobús ou o tren de turno; liberdade
para aparcar, á primeira e xunta ó teu lugar de destino, e non tres mazás
alén despois de ter tido que procurar un bo rato. Cando mencionei
o adxectivo rápido, non esaxeraba: un coche é un artefacto moi veloz, si,
pero non cando está metido na trampa na que a súa propia presencia masiva
convirte as nosas cidades.
Para dar unha visión completa e, por tanto, crible, da realidade, é necesario
falar tamén das desvantaxes do uso da bici como medio de locomoción;
hainas, e non é posible obvialas... pero si solucionalas de forma totalmente
satisfactoria. A choiva é, certamente, un elemento incómodo, pero do que é
doado protexerse; basta unha indumentaria adecuada que manteña seco o resto da
nosa roupa. Así de sinxelo. As pendentes pronunciadas pódense superar sen
un esforzo extra significativo se a bici dispón dos desenrolos (esto é,
marchas) adecuados, algo que hoxe inclúe calquiera modelo de serie, ata os
de gama máis baixa; e non debemos esquecer que as costas son a excepción, non a
regla, na maioría das nosas cidades (o mismo para a choiva). A
bicicleta non permite transportar bultos excesivamente pesados ou voluminosos,
pero si permite, cun sinxelo equipamento, levar sen ningún problema o
equipaxe diario habitual de moitas persoas; desde a carteira do colexial ó
maletín do executivo.
Quédano-la cuestión da seguridade. A bicicleta é, por si mesma, un medio
de locomoción moi seguro, causante directa dun número reducido de accidentes
que, ademáis, son habitualmente de leves consecuencias. Pero non podemos esquecer
que a bicicleta comparte o seu espacio vital con outros vehículos, potencialmente
moito máis perigosos, dado o seu número, tamaño, velocidade, etc. Convé lembrarmos
que, en calquera caso, o primeiro e máximo garante da seguridade do ciclista
é o propio ciclista que, coa súa prudencia e respecto ás normas, pode
reducir enormemente o risco de accidentes; pero sempre fica esoutra parte
do risco que o ciclista non pode controlar, que depende da actitude e
respecto do resto de usuarios da vía pública, da mesma manera que todos,
desde peatóns a camioneiros, dependemos mutuamente os uns dos outros para a nosa
seguridade. E é aquí onde radica o gran problema do uso da bici, sexa cal
sexa éste: a falta de seguridade.
Insisto en que non é a miña intención convertir esto nunha procura de presuntos
culpables ós que acusar de tódolos males; non. Prefiro intentar aportar
solucións. Porque as solucións existen, pero implican actuacións a gran
escala só ó alcance dos nosos queridos e inmovilistas dirixentes... que
non se moverán por iniciativa propia, evidentemente. Hai dúas liñas de actuación
básicas: a creación ou mellora de infraestructuras e a educación.
As infraestructuras que se requiren para facilita-lo uso da bicicleta e
aumenta-la súa seguridade son moi básicas e, polo tanto, económicas e fáciles de
implantar, se hai vontade política para eso: aparcamentos, ó menos en
lugares estratéxicos (estacións de tren, metro e autobús, polideportivos,
colexios, facultades, grandes empresas...), señalización específica, arcéns
amplos nas estradas... a segregación do tráfico ciclista a través de
carrís bici, tanto dentro como fóra das cidades, é outra alternativa
moi válida, sempre e cando se faga de forma xeralizada e coherente.
Todo esto é necesario; pero de ben pouco serve sen educación. E non me refiro
só a educación vial, trátase máis ben de educación en xeral, respecto ás
normas de convivencia e á liberdade do próximo. E á propia, que é a
mesma. Aínda hai quen pensa que as bicicletas non son máis ca un estorbo
e non deberían ter dereito a circular polas estradas ou rúas; aínda os
hai que aplican o do xa apartará ou se cren con prioridade nun cruce
aínda que a señalización lles diga o contrario. ¿A bicicleta un estorbo?; por
suposto. Como usuaria e ocupante das vías públicas que é, estorba. O
mesmo (en realidade, moito menos) có coche; ou o camión. E non por eso
imos prohibir estos medios de locomoción, útiles e adecuados para segundo qué
situacións.
A intolerancia de cara á bicicleta, xerada por unha carencia de educación vial
adecuada e unha (interesada) desinformación que nos intenta inculca-lo coche
como modelo único a seguir, é a auténtica raíz do problema. É necesaria,
imprescindible, unha labor de educación da sociedade, de toda a sociedade,
desde as escolas ata os medios de comunicación masivos, para trocar esta
situación. E non se trata de obrigar a ninguén a deixa-lo coche en casa e
pedalear, non. É máis ben todo o contrario. Trátase, simplemente, de informar
con liberdade y pluralidade, sen engaños nin ocultismos, para que cada un sexa,
á súa vez, libre de pensar e decidir por si mesmo; e se se decide por utiliza-la bici, poida facelo sen correr riscos engadidos.
Non quixera rematar sen lembrar que todo esto do que estiven falando
non é ningunha utopía, nin un modelo importado de algún remoto lugar do que
chaman terceiro mundo; realmente, nin sequera aportei nada auténticamente
orixinal. Todo esto existe xa, e está posto en práctica en lugares moi cercanos,
no noso privilexiado e motorizado primeiro mundo. Porque hai lugares (países)
onde os rapaces van en bicicleta á escola; as velliñas, ó supermercado;
os executivos, á súa oficina. Co seu traxe e a súa corbata tamén; á túa bici lle da
igual qué roupa leves. Os parlamentarios, ó seus escaños (si, os políticos
tamén). E tamén ó cine. Ou ó restaurante. Ou ó fútbol. En París necesitaron
quedarse literalmente sen combustible para darse conta da utilidade da bici;
moitos collérona porque non lles quedaba máis remedio, pero xa non a deixaron.
Desde aquela, un bo número de carrís bici foron construídos na
capital francesa.
Con todo esto sóamente quero expoñer que non é imposible, que se pode facer; e que
sería un gran paso, para todos. Para os que xa usan a bici, para os que se
animarían a usala y para tódolos demáis, que poderían disfrutar dunhas cidades
máis limpas, menos conxestionadas e, en consecuencia, máis saúdables e habitables.
O tema é moito máis amplo, e esto, só vos é un esbozo. Espero, non obstante, dar pé
a que quen o lestes lle deade-lo crédito que honestamente creo que merece,
e lle adiquedes unha reflexión seria. Con eso sería máis ca dabondo... polo
momento.
Iñaki Díaz de Etura
18.02.97
KTDral
Preséntannolos como os salvadores do rock das illas. Como se non houbera
bandas máis potentes (que non necesariamente mellores) pateando bares por todo aquel
país, ou conxunto de países... Outra cousa é que os medios decidan que ó enésimo
producto que nos intentan colocar non o van chamar Brit pop... ¿Brit rock, quizáis?.
Qué máis ten. Estas etiquetas, por manidas, ó final perderon todo o seu significado,
se algunha vez o tiveron. E a quen lle importa. O que realmente conta é se Ash
son unha boa banda ou non; se a súa música te move ou non.
A min costoume unha recomendación das fiables e un bo número de escoitas non moi
entusiastas que a súa música empezara a moverme, e supño que faltaba a proba do
directo para terminar de me convencer. Lonxe das frivolidades e parvadas que
nos contan deles os panfletiños do imperio (e eles mesmos, para qué negalo),
sobre o escenario, que é onde máis teñen que dicir, Ash demostraron ser unha boa
banda. Fixeron subir varios graos a intensidade dos seus temas, desde os máis
coñecidos de 1977 ata os non tanto do xa lonxano Tralier; desde os máis densos ós
máis intrascendentes. Todo condensado nunha hora que se nos fixo moi curta;
porque, cando hai bo rolo, ó tempo pasa sen que te deas conta; e porque unha
hora É curta. Nin un mísero bis que levarnos á boca. E o caso é que a xente
tampouco se queixou moito... se é que xa tragamos o que nos dean, sen preguntar
máis...
Iñaki Díaz de Etura
1.04.97
KTDral
Á hora en que E e compaña saíron a escena, había bastante máis xente que cando,
unha hora antes, fixeran o propio September 67. Craso error ó da peña que
prefire mata-lo tempo counha birra mentres solta a súa historia o teloneiro de
turno; poden perder pequenas xoias coma este par de rapazas que viñeron de
América coas súas percusións, a súa guitarra-que-sona-tamén-coma-un-baixo e as súas voces.
Eso, e unha boa morea de simpatía, foi todo o que necesitaron para gañarse a un
público que disfrutou das súas melodías, cálidas, íntimas ás veces, potentes outras. A
audiencia escoitou con atención e aplaudiu con gañas.
Eels son probablemente os mejores creadores de atmósferas que atopei sobre
un escenario. Un deses grupos que non te podes imaxinar nun gran recinto.
Necesitas telos preto, ver a Butch aporrear toda a súa cacharrería, a E falar con
alguén que poderías ser ti mesmo... e entón es auténticamente parte do show,
moito máis ca cando entonas himnos memorables diante da estrelona de turno, para
quen só es un puntiño na inmensidade.
Eels son realmente beautiful freaks. E non por extravagantes, nin por autistas ou
nihilistas. Raros entrañables. Artesáns dun son denso, profundo e característico,
no que cuidan ata o último detalle. Simpáticos e cercanos, case mundanos, pero
aíndn con ese aura especial que teñen só as persoas con algún encanto especial.
Non necesitas subir ó escenario, xa estás alí. Non podería ser doutra maneira,
cando te encontras con alguén que che conta esas cosas que ti mesmo quixeste contar
e ninguén quixo escoitar. Porque eu tampuoco estou nunca nesa lista, e, ó final,
quizáis (quizáis) non me estea engañando a min mesmo cando penso que o problema non está
en min, senón no mundo en si.
Novocaine for the soul sonoume extrañamente familiar a primeira vez; a mesma
sensación que me producen agora os temas, algúns, que non coñezo... ou quizáis si.
Auténtico paradigma de toda a maxia que a música leva consigo cando está creada,
e interpretada, con sentimento. Unha extraña mestura de saudade e retranca; por eso
é beautiful, e por eso é freak.
you're not like all of the others, and that's why I love you
Iñaki Díaz de Etura