Concerto de Lagartija Nick + Tahúres Zurdos

Bilbao. 15,16 de Marzo de 1997.

Con motivo do décimo aniversario de IU no País Vasco organizáronse unha serie de actos entre os que destacaba o concerto que cerrou a noite do sábado ó domingo.

Empezaron os andaluces Lagartija Nick, con bastante puntualidade, quen arrancaron presentando 4 temas novos (e batería tamén novo) entre os que destacou o tema co que abriron o concerto e que desconcertou a máis dunha adolescente que andaba por alí medio despistada sen saber moi ben a quén estaba oíndo: un principio de balada cunha segunda parte brutal. E nese tono seguiron, cuns temas novos que prometen máis caña aínda da habitual nos Lagartija. Logo viñeron temas dos seus anteriores discos, cun Algo sucio, algo eléctrico que sonou coma un cañón tras uns axustes no sonido. O baixo de Antonio Arias sonando coma o rotor dun helicóptero de combate e as súas letras aguilloneando os nosos cerebros... (¿éche isto o grunge andaluz?).

Mágoa que o escaso público non parecera estar alí por eles na súa meirande parte e apenas respondía á actuación moi digna dos cañeros andaluces. O grupo notábao e tras un único bis despidiuse para deixar paso ós protagonistas da noche (con permeso de don Julio Anguita, claro está) despois de regalarnos 45 minutos de rabioso esplendor eléctrico.

Os Tahúres comezaron co seu xa clásico Lujuria un concerto no que un público notablemente máis numeroso disfutou de temas de tódalas súas épocas, das baladas, do comedido rock da banda e sobre todo dla personalidade dunha Aurora Beltrán que case despois de 10 anos de poesía rockera segue a se-la voz feminina máis persoal e máis fermosa do rock español. Coma sempre ela foi o centro do espectáculo.

O seu concerto estivo ben planeado, cunha parte central adicada ás baladas (esta muller ségue estremecéndome despois de tantos anos coas súas intensas cancións e a súa apaixoada maneira de interpretalas) e unha continuación máis rockeira ata a terminación cunss bises nos que presentou un novo tema chamado Miles de besos (na súa onda habitual) e onde se luciu en solitario coa súa guitarra. Tamén aproveitou o reencontro cos seus fieles de Bilbao para denunciar intentos de separala da banda e a próxima gravación dun disco en directo co que conmemorarán os seus 10 anos, e que probablemente graven en Bilbao, a súa outra casa.

En definitiva, seguen sendo os de sempre. Pese a esta nula evolución, pese a que persoalmente non me parezan moi acertadas as versións que agora fan dalgúns temas clásicos no seu repertorio (recoñezo que estar tocando 6 anos a mesma canción dla mesma maneira ten que ser un coñazo, pero tampouco ten sentido ningún alterala lixeiramente se vai soar peor), pese a algunha metedura de pata idiomática, pese a que algunha canción lembre demasiado a Led Zepellin, pese a calquera pequeno defeuto... ¡sigo amándote, Aurora! Hai poucos grupos que me provoquen emocións, pensamentos coma os que me invaden cando vos oio, Tahúres.

Casdeiro

Concierto de Sugan

Café Ibarra. Barakaldo. 15 de Marzo de 1997.

O café Ibarra - antigo Ibarra-Kaldu - acolleu unha noite adicada a Irlanda con motivo da festa de Saint Patrick, na que correu a cervexa Guiness namentres degustabámo-la actuación do multinacional grupo de folk irlandés Sugán.

A formación, radicada en Euskadi pero composta por membros irlandeses, vascos (un compoñente de Oskorri incluído), un galego e un andaluz, compensou un mal sonido con entusiasmo e simpatía e os seus temas conectaron cun público entregado dende o primeiro momento. A maioría sentados, coas súas pintas de negra, seguían con palmas ou cos pes; outros aventurábanse a bailar na parte más libre do local. E case todos disfrutabamos dos seus temas, combinación habitual de pezas populares e composicións propias. Foron momentos destacados o tema a capella e o so progresivamente acelerado de gaita do final.

Esperaremos te-la sorte de poder velos de novo con mellores condicións de sonido.

Casdeiro

As tiras de SuperAnder

Novas tiras do primeiro superheroe vasco en Internet:


Ferlop!

Shôjo Manga

¡Por fin! ¡Xa era hora que alguén falase de shôjo manga neste país! ¿Comorl? ¿Que non sabéde-lo que é? ¡Arrrrg! Seguro que teredes escoitado falar de Sailor Moon (é inevitable), pois ben, é un shôjo manga (literalmente, manga para rapazas). Seguro que moitos xa o sabiades pero...¿tamén credes que todo o shôjo empeza e remata con Sailor Moon? Non, xente, non, o shôjo manga vai máis alá.

Así que, co fin de aclara-las cousas sobre este fabuloso xénero inxustamente incomprendido (aquí, claro, porque no Xapón é todo un éxito) e romper este concepto tan estereotipado que todos temos del, presentámosvos esta introducción xeral.

¿Que é o Shôjo Manga?

Shôjo Manga significa, tal e coma indica o nome, manga para rapazas. Anque xeralmente vaia dirixido a un público adolescente feminino sería un gravísimo erro menosprecialo. Ademáis moitos otakus masculinos sentíronse atraídos por algúns títulos de shôjo (¿e se non que nos dicides da mismísima Sailor Moon?). É coma se Video Girl Ai polo feito de ser publicado no Shonen Jump (revista para rapaces) só fose destinado a un público masculino, ¡por favor! Na súa publicación en castelán temos visto que non foi así, e se non, fixádevos no correo da colección, a presencia de otakus femininas é máis ca notable. E iso non significa que elas sexan unhas marimachos, como tampouco son afeminados os rapaces que lles gusta Sailor Moon, X-1999, Marmalade Boy, Vampire Princess Miyu, Tokyo Babylon... O mesmo que ocorre co shonen, sucede co shôjo.
Kamui, da serie X-1999.


Tamén é un erro xeralizar. ¡Non todo o shôjo manga é igual! Cada obra é única, diferente, como o son as súas respectivas autoras. ¿Certo que Captain Tsubasa (Campeones) non é igual que Touch (Bateadores)? Ámbolos dous shonen pertencen ó xénero deportivo, é cierto, pero de entrada o tema e mailo estilo son diferentes, moi diferentes. Pois o mesmo ocorre co shôjo.

Características

Se Sailor Moon, Marmalade Boy, Candy, Candy, etc... pertencen a este xénero é porque gardan entre eles unhas determinadas características que son as que configuran o shôjo manga.

O estilo de debuxo se caracteriza por ser máis etéreo, de trazos máis dispersos, limpos e suaves. O shôjo, a diferencia do shonen, é menos definido, con poucos fondos e decorados, dando así un trato especial ás personaxes e ás relacións que se estabelecen entre eles. En moitos casos abundan as escenas poéticas e idílicas, con gran cantidade de difuminados , flores estreladas... A utilización de tramas adoita ser menor pero, aínda así, resultan máis claras que as do shonen. Unha clara representante desta escola é Naoko Takeuchi, autora de Bishojo Senshi Sailor Moon.

Pero hai shôjos que se desmarcan destas características, ata tal punto que ás veces nos preguntamos ónde acaba o shonen e ónde comeza o shôjo. Un clarísimo exemplo é o estudio CLAMP, un grupo de cuatro mulleres que elevaron a obra de arte ó shôjo manga con obras tan espléndidas como RG Veda, Tokyo Babylon, X-1999, etc... (¡simplemente xeniais!).

En canto á temática, é tan variada que chegou a constituir diversos estilos de shôjo manga: dende o heroico-fantástico, últimamente moi de moda (Sailor Moon, Magic Knight Rayearth...), pasando polo yaoi manga, baseado en relacións homosexuais (Zetsuai 1989...), as idol singers (Idol Densetsu Eriko...), as magical girls (Creamy Mami, Maho No Star Magiacal Emi...), o de horror (Vampire Princess Miyu...), o deportivo ( Attack nº one (Dos fuera de serie), The Cherry Project...), o de ocultismo (X-1999...), etc..., chegando ata o quizáis máis exitoso coma é a comedia estudiantil (Marmalade Boy, Please Save My Earth...).
Miki, da serie Marmalade Boy.


Outra característica importante é a complexidade dos guións (sobre todo os de CLAMP), normalmente cunha trama amorosa de fondo. Anque tamén hai algúns shôjos cun argumento do máis simplón, coma é o caso dos infantís. O shôjo tamén se caracteriza por unha maior rapidez narrativa.

¿Como naceu o Shôjo Manga?

Este xénero empezou sendo debuxado por homes nos anos 60. Un dos pioneiros foi o mesmísimo Osamu Tezuka (o chamado Deus do manga ou o Walt Disney xaponés). ¿Lembrades La princesa caballero? (emitírona varias veces por TV), pois foi unha das primeiras incursións no shôjo manga.

Estes autores, incapaces de reflecti-los sentimentos das rapazas preadolescentes, como é natural, seguiron os temas de princesas, príncipes azuis, orfaniñas e demáis derivados.

Foi xa nos 70 cando un grupo de mulleres tomaron o relevo e causaron unha auténtica revolución fundando o novo SHÔJO MANGA, tal e coma o coñecemos agora. Deron un xiro total ó shôjo utilizando un estilo moi diferente e innovador e tratando temas e conceptos que xamás se tocaran.

Algunhas representantes desta xeración foron: Moto Hagio (El corazón de Toma), Ryoko Ikeda (Versailles No Bara (La Rosa de Versalles)) e Kyoko Mizuki (guionista) e Yumiko Igarashi (debuxante) ó frente da archicoñecida Candy, Candy, considerado como o primeiro shôjo.

A actualidade

Hoxe por hoxe tódalas obras de shôjo se publican en revistas, tipo listín telefónico, como son Nakayoshi, Ribbon, etc..., que a pesar de teren unha tirada un pouco máis limitada que as publicacións shonen, ningunha delas baixa do millón semanal. A súa posterior publicación en tomos funciona igual ca no caso do shonen, todo depende da acollida do lector, que tamén inflúe na súa posible adaptación animada.

Please Save My Earth, Magic Knight Rayearth, Marmalade Boy, X-1999, son algunhas das OVAs (Original Video Animation), series de anime ou películas baseadas en shôjos que están sendo un verdadeiro bombazo no Xapón. Oxalá algunha cadea de TV se animara a compralas, que xa estamos cheos de tragar por trillonésima vez Sailor Moon e Bésame Licia (¡Arrgg...!).

Por sorte este último ano as editoriais déronse conta do bo material que se perdían e comezaron publicar shôjo. ¡Xa era hora! Últimamente deixáronse ver maravillas como X-1999, Tokyo Babylon, Sailor Moon (a pesar da súa horrible traducción)... pero aínda fican moitas outras no tinteiro.

En fin, que non decaia a cousa e ¡SHÔJO MANGA FOREVER!

Wakai Studio - Doki Doki

Emilo Devesa

Olho: este texto faz parte do catálogo Cicatriz editado com motivo da exposição do Emilio Devesa na Sala Municipal de Alicante. Ao catálogo lhe foram censuradas senhas interpretações críticas realizadas por David Pérez (crítico de arte) e Pepe Miralles (artista conhecido pola su militância em prol duma arte comprometida com o sufrimento que a sida está a provocar entre os maricas). A censura foi da mão dum senhor diz que concelheiro de cultura do Concelho de Alicante.

Ao Emilio Devesa a realidade resta-lhe pequena, ainda lhe ressurte parca esta ou aquila técnica pictórica ou extrapictórica, a que tu penses; por isso il pinta o tudo, ainda o límite do quadro coa realidade pura o marco, esse que tem a função de apartar à obra do seu redor, a realidade entendida como acabada, não poluida. Como é que não é assim, como de bemfeita nada, Devesa assalta-a à abordada e introduz-se nos puros ossos, os da realidade que tem de ser corrigida, não já desde os seus quadros, senão também, desde os marcos como fronteiras rotas na inadvertência; porque se aproveita das últimas fendas de união entre a sua obra e a natureza que a envolta para se introduzir até o fundo no redor da obra: Falha alguma cousa, eu tenho outro modelo, outra maneira de ficar no mundo, que não só é mais linda. É melhor. Isto, se não se tem entendido ainda, supõe um modelo de intervenção na realidade que aproveita modelos estéticos próprios também compreendidos como modelos de beleza corporal, e não só prático-políticos, para realizar um balanço péssimo com o actual establishment. Invadir a realidade e cambia-la, enche-la é o motivo da pintura do Devesa: mas mudar até o mais íntimo de essas cousas que giram em redor nosso, como nesse quadro que descreve o nascimento duma nova mulher que repete, só em parte, o clássico O nascimento de Venus e descreve um encolado que colhe de cá e lá ora um plástico, ora uma hormona, ora uma prótese e faz que do próprio homem já não da simples costela do conto bíblico nasca a outra mulher; em parábola do pode ser feita, se isso, qualquer cousa, porque cá não estamos para deixar em paz às cousas, tem chegado o ponto da fartura que tira a revisar o estado das cousas e cambia-las. Uma tal actitude finisecular que acredita no câmbio, só podia beber no manancial do modernismo, o que repetiu à própria Natureza até cambia-la: E dessa fonte, esta pintura do Devesa. Pintura que aparece baixo formas mais cruéis quando, desde esse seu afã por querer o tudo, também se quere a si próprio como objecto e arte: e, assim, Devesa vóltasse o nosso performeiro expiatório que recebe todos os paos e mais desonras: Todos numa extensão da sua obra fora das fronteiras do seu corpo até essa perfeição impossível que il sim conhece. Será por pintar o tudo? Podrá, já, não deixar lugar por pintar? Nesse afã que tem de estender a sua pintura mais além dos próprios lenços. Permitirá-lhe isto expiar duma vez todos seus pecados e só pintar, duma vez, até a medula?

Ir ver http://www.ctv.es/BENIART/sala2/sala2.htm

Nilo Casares


Tejeda no Formigueiro

É conhecido que os posmodernos, hai tempo, falavam do redentorismo para se referir a todos os relatos ideológicos que, tendo como baseamento os discursos de natureza marxista, faziam do futuro um fim cingível. Isto, dito doutro jeito, é a peça do Bernardo Tejeda exposta agora. Seu formigheiro é, própriamente, a melhor imagem dos contos contados para nos subvertir contra o poder: Contos que não são outro que o poder com a sua face emotiva para nos fazer pensar que a desfeita é remediável. Não precisa mais fala esta apresentação da larpeirada do poder omnimodo.

Nilo Casares

Formigueiro (por Bernardo Tejeda) (.MOV, ~231 Kb).