|
Dirty Boulevard Pedro lives out of the Wilshire Hotel. He looks out of the window without a glass. The walls are made of cardboard, newspapers on his feet. And his father beats 'im 'cause he's too tired to beg. He's got nine brothers and sisters, they're brought up on their knees. It's hard to run when a coat hanger hits you on the thighs. Pedro dreams of being older and killin' the old man but that's a slim chance. He's going to the boulevard. He's going under -on the dirty boulevard. He's going out -to the dirty boulevard. He's going down -to the dirty boulevard. This room costs two thousand dollars a month, you can believe it, man, it's true. Somewhere a landlord is laughin' 'till he wets his pants. No one dreams of being a doctor, a lawyer, o' anything, they dream a' dealing on the dirty boulevard Give me your hungry, your tired, your poor -I'll piss on 'em -that's what the statue of bigotry says. Your poor huddled masses, let's club 'em to death, and get it over with, so they don't come out on the boulevard. Get 'em out -on the dirty boulevard. Going out -to the dirty boulevard. They're going down -on the dirty boulevard. -Going out. Outside it's a bright night, there's an opera at Lincoln Center. Movie stars arrive by limousine. The klieg lights shoot up over the skyline of Manhattan, but the lights are out on the mean streets. A small kid stands by the Lincoln tunnel, he's selling plastic roses for a buck. The traffic's backed up to 39 St. The TV whores are callin' the cops out for a suck. And back to Wilshire Pedro sits there dreaming, He's found a book on magic in a garbage can. He looks at the pictures and stares at the cracked ceiling. At the count of three, he says, I hope I can disappear and fly, fly away from this dirty boulevard. I want to fly-ee-i from the dirty boulevard. I want to fly from the dirty boulevard. I want to fly, fly, fly, fly! I want to fly away. I want to fly. Fly, fly awa-ee-ay ... |
Bulervar sucio Pedro vive á beira do Hotel Wilshire. Mira afóra pola fiestra sen cristal. As paredes están feitas de cartón, periódicos sobre os seus pés. E o seu pai bate nel, porque vai canso de máis para suplicar. Tén nove irmáns e irmás, medran postos de xeonllos. É difícil correr cando unha percha che peta nas coxas. Pedro soña con ser maior e matar ó vello, pero esa é unha posibilidade remota. El vai ó bulevar suxo. Cae no bulevar suxo. Sae ó bulevar suxo. Baixa ó bulevar suxo. Esta habitación custa dous mil dólares ó mes, podes crelo, meu, é certo. Nalgures un caseiro está rindo ata que molla os calzóns. Ninguén soña con ser médico, avogado, ou nada, Soñan con traficar no bulevar suxo. Dádeme os vosos famentos, os vosos cansos, os vosos pobres mexarei por eles iso é o que di a estatua da intolerancia As vosas multitudes amoreadas de pobres, batamos neles ata que morran e acabemos dunha vez e así non sairán ó bulevar. Sacalos ó bulevar suxo. Saindo ó bulevar suxo. Eles están baixando ó bulevar suxo. Saindo. Afóra a noite é brillante, hai unha ópera no Lincoln Center As estrelas do cine chegan en limusinas. As luces de klieg dispáranse sobre a liña do ceo de Manhattan pero as luces están apagadas nas rúas miserables. Hai un rapaz pequeno á beira do túnel Lincoln vendendo rosas de plástico por vinte pesos. O tráfico está bloqueado ata a rúa 39. As putas da tele ofrecénlles ós polis unha mamada. E de volta a Wilshire Pedro senta alí, soñando. Vén de atopar un libro de maxia nun contenedor do lixo. Olla os debuxos e mira para o teito escachado. Á de tres, di el, oxalá desapareza e voe, voe alén deste bulevar suxo. Quero marchar voando do bulevar suxo. Quero marchar voando do bulevar suxo. Quero voar, voar, voar, voar! Quero marchar voando. Quero voar. Voar, marchar voando ... |
Trascripición e traducción: Kike Benlloch Castiñeira

Os días 2 e 3 de Maio celebrarase unha nova edición do Festimad na localidade madrileña de Móstoles (Parque El Soto). Podes le-la crónica da pasada edición en Synapsis núm. 3.
| The Prodigy | Extremoduro | Suede | Beck |
| Rollins Band | Body Count with Ice T | Australian Blonde | Sick Of It All |
| Inquilino Comunista | Morphine | Ocean Colour Scene | Redd Kross |
| Swell | Killer Barbies | Dr Explosion | Ten Foot Pole |
| El Niño Gusano | Zebda | Visual of Disorder | Chucho |
| Mercromina | Dover | Latino Diablo | π L.T. |
| Hechos Contra el Decoro | Vantroi | Dr Calipso | Kusson Dulola |
| Electric Frankestein | Los Coronas | Lolamai | Ratanera |
| Sobrinus | Yoghourt Daze | Smoking Grandmothers | Marañones |
| Quite Fantastic | PPM | A Palo Seko |
| Delicuent Habits | Razhel (the Roots) | El Club de los Poetas Violentos |
| Los Verdaderos Kreyentes de la Religion del Hip Hop | Frank T | 7 Notas 7 Colores |
| Control Machete | Namaste | Kraze Negroze |
| Alma Vacía | La Puta Opepé | Geronación |
| Kseo y los Violadores del Verso | Jazz Two | D.J. Compadre@Latino 2100 |
| D.J. Zeta | D.J. Rhythm Injection | D.J. Jota |
| D.J. Sergio |
Casdeiro
Chámome Miguel e escribo dende un pequeno pobo chamado San Adrián de
Cobres, situado no concello de Vilaboa que non debe chegar ós cinco mil
habitantes, na provincia de Pontevedra.
O caso é que, dende fai xa varias semanas, o meu concello é o blanco de
moitas miradas, opinións e intereses políticos e económicos nos que o
medio ambente, por desgracia, xoga un papel de primeira orde.
Explicome:
A Xunta de Galicia, dende hai un par de anos, puxo en marcha o que
deron en chamar o Plan Sogama que, en resumidas contas, non é máis que
unha empresa, participada pola Xunta e Unión Fenosa, esta última
monopoliza o suministro de enerxía eléctrica en, prácticamente, toda a
comunidade autónoma.
Esta empresa, Sogama, pretende INCINERAR indiscriminadamente tódolos
resíduos que os galegos e galegas produzamos, para xerar enerxía
eléctrica que nos imos a consumir e a pagar, por suposto. Pero
tamén pagaremos unha sobretaxa sobre a recollida do lixo. Co que Sogama
ten os cartos para montarse a infraestructura e a materia prima para
manter funcionando unha incineradora.
A todo isto hai que dicir cos municipios que se adhiran ó Plan
Sogama COMPROMETENSE a entregarlles unha cantidade mínima de lixo ó
ano. Con isto, lonxe de achegarnos a unha calidade de vida, equilibrando
o consumo cunha progresiva disminución de resíduos, o que se fomenta
é o consumismo PURO E DURO.
Ademáis o concello deberá pagar (ahí vai o aumento de impostos) a
Sogama as taxas correspondentes pola utilización dos seus servicios.
Como se pode ver a Administración pública galega non contempla, nin
por asomo, a reciclaxe. Disto, ó parecer, débense encargar as
entidades locais ou outras Administracións alleas á Xunta.
Retomando o dito ó comezo sobre o meu municipio: Aquí pretenden
recolocarnos, pois xa está funcionando en Vigo, unha empacadora de
basuras, como notros concellos, na cal converxerán os resíduos
de diversas localidades pontevedresas. Vamos que van a por o lixo
a facer turismo.
Perdoade polo chiste pero é que, a estas alturas, xa estou, tanto eu
coma os demáis veciños, un pouco queimado do asunto, pois vemos que, por
diñeiro e intereses políticos, hai persoas que arriscan o seu futuro e o
dos seus fillos tomando decisións en plan dictador.
Pero non me quero extender máis. Si queredes saber cómo andan as cousas
por aquí, podedes informarvos sobre as movilizacións veciñais e, si
cabe, colaborar como podades, na páxina web: http://www.arrakis.es/~mlpatri/empacadora
Gracias e ata logo.
Miguel López Patricio
Cando o río medra é porque chove desde hai moito na
montaña.
(dicho maya)
Kike Benlloch Castiñeira