Cancións recomendadas da tempada:
- "Hey Dude" - Kula Shaker
- "Wake Up Dead Man" - U2
- "Volcano Girls" - Veruca Salt
- "Hey Joe" - The Offspring
- "Nancy Boy" - Placebo
- "All I Want" - Skunk Anansie
- "Guerrilla musical" - Hechos contra el decoro
- "Mi matadero" - Los Piratas
- "Take A Run At The Sun" - Dinosaur Jr
- "Solo - Christina Rosenvinge
Álbumes recomendados da temporada:
- "Secret Samadhi" - Live
- "Pop - U2
- "To The Bone" - The Kinks
- "Dig Your Own Hole" - The Chemical Brothers
- "The Best Of Both Worlds" - Marillion
Críticas de películas da tempada:
Mars Attacks!, de Tim Burton.
Divertida película baseada nunha colección de cromos que adquiriu grande fama nos anos 50 nos EE.UU., no medio da guerra fría. Tras un principio espectacular (évos por momentos coma este polos que paga a pena poñerse diante da gran pantalla dun cine) a película preséntanos unha serie de tipos (arquetipos máis ben) que segundo progresa a película vanse enfrentando con diferente sorte ós desfasadísimos marcianos. Entre eles destaca Jack Nicholson no seu dobre papel, Tom Jones coa súa curta pero sabrosa presencia, a cibernética Lisa Marie e a fermosa Natalie Portman quen vai camiño de convertirse nunha nova Winona Ryder (ese velo negro encol da súa cama, ¿que me lembra?). Os gags non son grande cousa pero manteñen un nivel máis ca aceptable durante toda a película. En definitiva unha bona película de entretemento satírico, con algún que outro detalle con interpretación política (eses mariachis tocando o himno americano ó final son impagables) ou semi-ocultos homenaxes ó máis entrañable cine de serie B para quen saiba aproveitalos.
Casdeiro
Webs da tempada