Tras este novo número no que contamos con novas colaboracións e o regreso de vellos amigos, emprenderemos radicais trocos estéticos e formais na nosa revista, que comezamos esbozar neste mesmo número e que se ampliarán no próximo.
Así que aproveitade agora, neste derradeiro número da nosa primeira etapa, para suxerirnos qué cambios vos gustaría ver. Coma sempre terémosvos en conta; xa sabedes: Synapsis tamén a facedes os lectores.