Lyrics

Comezamos neste número unha nova sección destinada a ofrecervos letras traducidas de cancións especialmente significativas, ben pola súa repercusión, ben polo seu contido lírico.

Marillion: He Knows You Know. Album: Script For A Jester's Tear (1983)
HE KNOWS YOU KNOW

Light switch, yellow fever, crawling up your bathroom wall
Singing psychedelic praises to the depths of a china bowl
You've got venom in your stomach, you've got poison in your head
You should have listened to the priest at the confession when he offered you the sacred bread

He knows, you know, he knows, you know, he knows, you know, but he's got problems

Fast feed, crystal fever, swarming through a fractured mind
Chilling needles freeze emotion, the blind shall lead the blind
You've got venom in your stomach, you've got poison in your head
When your conscience whispered, the vein lines stiffened, you were walking with the dead
He knows, you know, he knows, you know, he knows, you know
He's got experience, he's got experience, he knows, you know but he's got problems, problems, problems

He knows... Slash wrists, scarlet fever, crawl under your bathroom door
Pumping arteries ooze their problems, through the gap that the razor tore
You've got venom in your stomach, you've got poison in your head
You should have listened to your analyst's questions when you lay on his leather bed

He knows, you know, he knows, you know, he knows, you know but he's got problems

Blank eyes, purple fever, streaming through the frosted panes
You learned your lesson far too late from the links in a chemist chain
You've got venom in your stomach, you've got poison in your head
You should have stayed at home and talked with father listen to the lies he fed

He knows, you know, he knows, you know, he knows, you know but he's got problems
He knows, you know, he knows, you know, he knows, you know
he's got experience, he's got experience, he knows, you know
you know, you know, you know
EL SÁBEO, TI SÁBELO

Interruptor da luz, febre amarela, rube arrastrándose pola parede do teu baño
cantando gabanzas sicodélicas ás profundidades dun retrete de porcelana.
Tes veneno no estómago, tes veleno na cabeza.
Debeches ter escoitado ó cura na confesión cando che ofreceu o pan sagrado.

El sábeo, ti sábelo, el sábeo, ti sábelo, el sábeo, ti sábelo, pero el ten problemas.

Comida rápida, febre cristalina, pululando por unha mente fracturada.
Agullas arrepiantes conxelan a emoción, os cegos guiarán ós cegos.
Tes veleno no estómago, tes veleno na cabeza.
Cando a túa consciencia susurrou -as veas marcadas- ti camiñabas cos mortos.
El sábeo, ti sábelo, el sábeo, ti sábelo, el sábeo, ti sábelo.
El ten experiencia, ten experiencia, el sabe, ti sábelo pero el ten problemas, problemas, problemas.

El sabe... Pulsos rachados, febre escarlata, arratrándose por baixo da porta do teu baño.
As arterias latentes zumegan os seus problemas a través do oco que a coitela rachou.
Tes veleno no estómago, tes veleno na cabeza.
Debiches ter escoitado as preguntas do teu sicoanalista cando te deitabas no seu diván de coiro.

Ollos en branco, febre púrpura, manando por cristais escarchados
Aprendíche-la túa lección -demasiado tarde- dos enlaces dunha cadea química.
Tes veleno no estómago, tes veleno na cabeza.
Debías ter quedado en casa e falar co teu pai, escoita-las mentiras que alimentaba.

El sábeo, ti sábelo, el sábeo, ti sábelo, el sábeo, ti sábelo, pero el ten problemas.
El sábeo, ti sábelo, el sábeo, ti sábelo, el sábeo, ti sábelo,
el ten experiencia, ten experiencia, el sábeo, ti sábelo,
ti sábelo, ti sábelo, ti sábelo.



Smashing Pumpkins: Tales of a Scorched Earth. Album: Mellon Collie and the Infinite Sadness (1995)
TALES OF A SCORCHED EARTH

farewell goodnight last one out turn out
the lights
and let me be, let me die inside
let me know the way from of this world of
hate in you
cause the dye is cast, and the bitch is back
and we're all dead yeah we're all dead
inside the future of a shattered past
i lie just to be real, and i'd die just to feel
why do the same old things keep on happening?
because beyond my hopes there are no feelings
bless the martyrs and kiss the kids
for knowing better, for knowing this
cause you're all whores and i'm a fag
and i've got no mother and i've got no dad
to save me the wasted, save me from myself
i lie just to be real, and i'd die just to feel
why do the same old things keep on happening?
because beyond my hopes there are no feelings
everybody's lost just waiting to be found
everyone's a thought just waiting to fade
so fuck it all cause i don't care
so what somehow somewhere we dared
to try to dare to dare for a little more
i lie just to be real, and i'd die just to feel
why do the same old things keep on happening?
because beyond my hopes there are no reasons
CONTOS DUNHA TERRA ABRASADA

adeus boas noites o último que saia que apague
as luces
e déixame estar, déixame morrer por dentro
déixame sabe-lo camiño para saír deste mundo
de odio dentro de ti
porque o tinte está botado, e a cadela volveu
e estamos todos mortos si estamos todos mortos
no futuro dun pasado destrozado
eu minto só para ser real, e morrería só para sentir
¿por que seguen sucedendo as mesmas vellas cousas?
porque alén das miñas esperanzas non hai sentimentos
bendice ós mártires e bica ós nenos
por coñecer mellor, por coñecer isto
porque sodes todas unhas putas e eu son un maricón
e non teño nai e non teño papá
para aforrarme o desperdiciado, salvarme de min mesmo
eu minto só para ser real, e morrería só para sentir
¿por que seguen sucedendo as mesmas vellas cousas?
porque alén das miñas esperanzas non hai sentimentos
todos se perderon esperando a ser salvados
todo o mundo é un pensamento esperando a se desvanecer
así que á merda con todo porque non me importa
así que ó que dalgunha maneira en algures nos atrevemos
para intentar atrevernos a atrevernos por un pouco máis
eu minto só para ser real, e morrería só para sentir
¿por que seguen sucedendo as mesmas vellas cousas?
porque alén das miñas esperanzas non hai razóns

Traducción: Casdeiro

Noticias


Comentario Político e de Sociedade

Downshifting: Reducción da marcha na carreira social

Durante esta década dos 90 veuse desenvolvendo nos EE.UU. unha nova tendencia social chamada downshifting (podería traducirse por reduci-la marcha) e tamén coñecida como sinxeleza voluntaria.

Trátase dun movemento nado como resposta ó ritmo e estilo de vida habitual nos EE.UU. (máximo expoñente do estilo de vida occidental). Este ritmo desenfreado ven crecendo dende finais da Segunda Guerra Mundial ata chegar a facerse verdadeiramente febril, tal é así que moita xente pensa que as súas vidas se están pasando de voltas, fóra do seu control. O crecente desemprego e a natureza adictiva do consumo forman unha arañeira para o traballador da que só poden resultar longas horas de traballo. É a carreira de ratas da sociedade moderna, cunha velocidade demasiado rápida para o noso propio ben e mailo de aqueles que nos rodean. En certa maneira hai quen diagnostica que este comportamento, o estímulo da actividade frenética, non é senón un escudo protector fronte á dor, os problemas, o baleiro. É necesario rompermos ese escudo, entrarmos máis en contacto coa vida real, e a única maneira é baixa-lo ritmo, reduci-la marcha.

Así é como nace este movemento a principios dos 90 (aínda que tiña antecedentes claros na forma de vida hippy, os ideais da New Age, etc.). Cada vez empezaba haber máis persoas dispostas a gañar menos diñeiro, e polo tanto a reduci-lo seu nivel de vida, a cambio dun incremento no tempo libre que lles permitira adicarse ó seu desenrolo persoal, á súa familia e á súa comunidade. Porque ¿realmente podemos encargarnos desoutros asuntos das nosas vidas agás do traballo, durante as fins de semana soamente? Diso trata o downshifting: no fondo supón enfrontarse á cuestión fundamental de quén somos. Os seguidores da sinxeleza voluntaria son traballadores que procuran esquemas de traballo máis curtos e máis flexibles que lles dean máis tempo libre para perseguiren os seus intereses persoais: é unha cuestión de valores, de reordena-la escala de prioridades. É o contrapunto ós adictos ó traballo. Tratan de simplifica-las súas vidas como resposta a unha situación que os leva a facer máis diñeiro do que realmente necesitan.

Realizáronse nistos anos varios estudios sociolóxicos para analiza-lo fenómeno e os resultados parecen pronostica-lo auxe do movemento: en 1995 a Merck Family Foundation encontrou que as situacións que máis satisfarían ós estadounidenses eran ter máis tempo para a familia e os amigos, rebaixa-lo estrés e facer algo pola comunidade... precisamente os obxectivos do downshifting, que están incorporándose a outras tendencias máis políticas como a do reparto do traballo.

Os lemas deste movemento poderían ser:


As maneiras en que se concretan estes principios varían segundo o individuo: os que rebaixan o seu grado profesional voluntariamente, os que cambian a traballos con menos presión, os que se auto-empregan para ter máis control sobor as horas e o lugar de traballo, os que foxen do medio urbano a entornos menos estresantes...

Pero adoptar un estilo downshifter de vida non é sinxelo. Normalmente implica tanta reflexión e planificación coma un cambio de carreira profesional. E ten inconvenientes importantes.

Segundo as enquisas moita xente adoptaría este estilo de vida pero non o fan por razón das débedas. De feito algunha xente atópase na súa vida voluntariamente sinxela pero se ven limitados pola falta de recursos económicos: teñen tempo para face-lo que realmente desexan, pero non teñen os cartos necesarios. Algúns incluso viven no filo, a unha nómina de distancia dos sen-teito. O risco ante o futuro tamén é maior con este estilo de vida: se a vida se torce un pouco, unha enfermidade, un contratempo nun contrato temporal... poden afundi-lo barco.

E é que as circunstancias sociais non sempre permiten aventuras. Tal é así que moita xente pode ver un recorte deliberado no soldo en aras da sinxeleza voluntaria como unha temeridade ou ata unha auténtica estupidez. E é que nos adaptamos a un estilo de vida consumista que xenera tais necesidades financeiras que non é fácil deixalo: os malos hábitos son difíciles de abandonar, sobor todo se están ben pagados.


Casdeiro

¿Liberdade? de expresión en Turquía

Segundo se comentou recentemente nunha lista de distribución de correo electrónico sobor temas de traducción, a xustiza de Turquía procesou ó traductor e mailo editor do 1995 Human Rights Wacth Arms Project, Aysenur Zarakolu e Ertugrul Kurkcu. Todo porque o dito informe citaba a un diplomático estadounidense que segundo o fiscal turco difamaba e despreciaba ás forzas militares e de seguridade do estado turco.

A ONG Human Rights Watch condenou esta persecución como un exemplo máis dos continuos abusos ós dereitos humanos e ás liberdades en Turquía. E namentres, os países occidentais seguen vendendo armas e admitindo como compañeiro en organizacións presuntamente respectables (como a OTAN) a semellante goberno.

E é que Turquía firmou a Convención Europea de Dereitos Humanos, a cal defende a libre expresión. Pero iso dálles igual: alguén traduce un informe no que se lles chama bestas ós policías e quéreno meter no cárcere.


Casdeiro

A Columna do Hipercrítico

Apoloxía da fotocopia

Supoño que todo o mundo sabe que fotocopiar aínda que só sexa unha páxina dun libro, gravar unha canción dun CD, unha película da tele ou ata gravar unha clase dese profesor que dá os apuntes tan de présa... é delicto, posto que é material protexido por copyright. Poderíamos escribir páxinas e máis páxinas (protexidas por copyright, por suposto) sobre a inxustiza destas leis, feitas en principio para protexer ós autores, pero que nos tratan de foder ós demáis. Deixaremos tamén a un lado as posibilidades que ofrece para imaxinarnos algunha posta en práctica desta lei: policías entrando mediante patada na porta mentres lle grabas Suzie Q a un amigo, cinéfilos na cadea por grava-las películas de Buñuel que botan pola noite...

No que me quero centrar hoxe é nas ditosas fotocopias, como paradigma da soplagaitada da lei e os seus defensores. Supoño que teredes visto as campañas que se fan para intentar convencernos de que deixemos de delinquir: As fotocopias ilegais provocan perdas no sector de miles de millóns ó ano, impiden que se publiquen non sei cántos miles de novos libros... dinos unha ominosa voz nun tétrico spot televisivo que parece anunciarnos unha eminente visita a prisión. Pero ¡hai que ser necio! ¡¿Como se poden dicir tantas barbaridades tan inmpunemente?! Estando no goberno, claro. En fin, a cuestión é que non se pode considerar perdas o diñeiro que deixan -presuntamente- de ingresa-las editoriais porque non lles comprámo-los libros dos que sacamos fotocopias. Imos ver: ¿quen delinque cando necesitas un libro para facer un traballo e ese libro valche 15.000 pts e ti o fotocopias? ¿Ti? O delicto é o prezo do libro. Se os libros (e os discos, etc.) fosen máis baratos moitas veces preferiríamos compra-lo orixinal e non andar pirateando... Ademáis se a disxuntiva fose ou compra-lo libro ou quedarte sen a información que ten... case ninguén compraría o libro. Así que menos parvadas con que impedímo-la difusión da cultura, que roubamos ós autores, que arruinámo-la industria... e máis facilita-lo acceso barato á cultura.

Por certo, o que acabo de escribir chámase apoloxía do delicto e tamén está castigado pola lei. Así que... por favor, mandádeme unha fotocopiadora á cadea.


O Hipercrítico