Cancións recomendadas da tempada:
- "Popular" - Nada Surf
- "All I Want" - The Offspring
- "Loly Jackson" - Dover
- "Swallowed" - Bush
- "Zumbido" - Sobrinus
- "Smile" - Pearl Jam
- "Salta!!" - Seguridad Social
- "We Could Be Kings" - Gene
- "In a Room" - Dodgie
- "I'm Not Like Everybody Else - Boss Hog
Álbumes recomendados da tempada:
- "Omega" - Morente & Lagartija Nick
- "Razorblade Suitcase - Bush
- "Ixnay on the Hombre" - The Offspring
- "Eight Arms To Hold You" - Veruca Salt
- "Dragon Attack - A Tribute To Queen" - varios
- "El vals del obrero" - Ska-P
- "Plays Metallica By Four Cellos" - Apocalyptica
Algo de música para redescubrir:
Álbum "Saturation" de Urge Overkill:
Para moitos que descubrimos este grupo coa ditosa canción Girl You'll Be A Woman Soon que tan ben cantaba Uma Thurman en playback en Pulp Fiction é unha agradable sorpresa ir descubrindo pouco a pouco a súa producción discográfica, a cal remóntase ós primeiros 90. Este trío estadounidense ten verdadeiras xoias no seu haber. Pola citada canción non se pode apreciar máis ca parcialmente a enerxía rock que desprenden as súas brutais melodías. O mellor exemplo é Saturation (1993), álbum polo que merecían ter sido encumiados ó Olimpo do rock contemporáneo.
Casdeiro
Críticas de tebeos da tempada
Iberia Inc. - Planeta-DeAgostini Comics (Línea Laberinto). Autores: Carlos Pacheco & Rafael Marín (creación e argumento), Rafael Marín (guión), Rafa Fonteriz (debuxo)
Despois de tantos anos de presencia do comic-book estadounidense de xénero superheroico por fin chega ós kioskos españois o primeiro comic-book de xenuinos super-heroes ibéricos. E, como non podería ser doutra forma, chéganos da man de Planeta-DeAgostini, quen tan forte apostaron nos 80 polo comic-book e que agora decidiron dar unha oportunidade a algúns deses creadores que mamaron tantas super-aventuras ianquis.
Tra-la primeira ollada ó que podería ser unha historieta de super-heroes feita en España, con aquel lembrado pero brevísimo American Soldier, é o propio autor, -agora encumiado nas series máis vendidas do mundo- Carlos Pachecho, quen da man do intelixente Rafael Marín e o axeitado -á vez que brillante- debuxo de Fonteriz, crea esta serie tan esperada.
Os lectores non quedamos defraudados: dificilmente se podería ter feito mellor. Os autores son inmellorables, o argumento e as personaxes son moi prometedores, serios á vez que fieis ó clásico estilo de grupo de super-heroes, -o estilo Vengadores-, as historietas inclúen toques adultos de erotismo e política (algo que sempre quixemos nos comic-books ianquis pero que coas súas hipócritas restriccións e censuras nunca tiñan), baséanse en referentes xenuinos e fieis (polo menos moito máis fieis cós ianquis) á mitoloxía dos pobos da Iberia, son pluralmente españolas (hai heroes cataláns, galegos, ¿vascos?), reminiscencias ben asimiladas de Watchmen... todas estas virtudes abonan o terreo para un entero novo universo á maneira de Marvel, cun pasado e presente por escribir, cheo de posibilidades.
Así pois, doulle un sobresaíente a esta serie, á editorial por lanzala despois de tantos anos de esperarmos algo así, e sobre todo ós autores, por darnos exactamente o que queriamos. ¡Benvida sexa a nova era do super-heroe ibérico!
Casdeiro
Adeus á serie Ghost - World Comics (Dark Horse Comics). Autores: Eric Luke(guión), varios (debuxo)
A estupenda serie de Dark Horse Comics Ghost, publicada en formato comic-book en España por World Comics, foi cancelada no seu número 14. Non puido supera-la perda de vendas que comezou cando perdeu o seu debuxante estrela, Adam Hughes, xa hai bastantes números. E iso pese a ser unha das poucas series de super-heroes (super-heroes Dark Horse, iso si) seguida en gran medida polo seu guión, responsabilidade de Eric Luke. Coa desaparición desta serie o nivel dos kioskos españois baixará aínda un pouco máis, para desesperación dos lectores máis intelixentes. E agora, para seguir en contacto coa nosa pantasma favorita, deberemos recurrir ós números orixinais ianquis ou rogar ós de World Comics que se dignen darnos un ou dous carísimos tomos recopilatorios ó ano. O que vos é insultante é a maneira en que se nos avisa, na derradeira páxina do derradeiro número, da cancelación: Di Antoni Guiral, editor da -agora fenecida- liña Dark Horse en España: (...) Las razones del cierre son obvias: los lectores, en general, habéis decidido que este título no os interesa. (...) No parece que los títulos escogidos de esta editorial os interesen demasiado. Manda carallo! ¿A que veñen eses reproches? Creo que se equivocou moito de culpables: precisamente os que estabamos lendo iso sómo-los que nos interesa Ghost! Erámo-los únicos que non mereciámo-la pataleta, carallo, que sómo-los primeiros ós que lles fastidia o peche. Aínda por riba ler que cho botan en cara... En fin...
Críticas de películas da tempada:
Transporte Espacial (Spacetruckers), de Stuart Gordon.
Director: Stuart Gordon. Intérpretes: Dennis Hopper, Stephen Dorff, Debi Mazar, Charles Dance.
Suponse que se trata dunha comedia de ciencia ficción, pero pouco val como comedia e menos como película de ciencia ficción: sacando uns cantos sorrisiños só me fixo rir de verdade unha vez, e o guión -nin tan sequera minimamente sólido- desaproveitaba totalmente as posibilidades sci-fi supeditándose -vaia por Deus- á parte presuntamente cómica. Dende logo se pensaban facer unha especie de desmadre espacial, como parece que pretendían, deberían ter visto máis serie B e máis Alex de la Iglesia e non quedarse a medio camiño entre a seriedade, a comedia sosa e a aventura fantacientífica. Polo menos disfrutamos da beleza da Mazar en bikini durante case toda a película.
Pero de calquera xeito son as películas coma esta as que che fan comprender por qué cada vez che vai menos xente ó cine: gástaste 700 pesetas apostando por unha película que pode resultar coma esta, decepcionante, e a ese prezo pénsalo moi moito antes de volver a te arriscar. Resultado: só vas ver películas que estás case seguro de que che van gustar, ou sexa, unhas 2 ou 3 ó ano. Así non nos espera outra cousa que o fin do cine: ¡todos ó videoclub!
Casdeiro
Webs da tempada