Principiamos xa o noso segundo ano e en primeiro lugar, con motivo disto, queremos da-las gracias a tódolos lectores que nos visitaron nos nosos números previos.

Lamentablemente a resposta do público parécenos aínda moi escasa. Évos certo que somos unha publicación independente, que non cobramos ós que nos len nin temos ingresos por publicidade; pero cremos que temos futuro. Estamos aquí porque somos xente que quere expresarse, e á vez, queremos que a xente se exprese. Internet é un medio totalmente libre -¡de momento!- e por medio dela poden chega-los vosos pensamentos, os vosos gritos, os vosos sentimentos... a calquera lugar do mundo.

EncomIX é a empresa que nos alberga, dándonos un valoroso espacio gratuíto necesario para que esta canle de expresión funcione. Agora depende de vós que este esforzo pola súa parte e pola nosa que escribimos e editamos estas modestas páxinas, pague a pena.

Non tódolos días se lle da á xente a posibilidade de escribir (ou debuxar ou...) nun medio de comunicación. Nós sómolo. E nós damos esa posibilidade. Só tedes que acepta-lo reto, sacudi-las vosas neuronas e facer que a synapsis se produza.

Gustaríanos que nos deséde-la vosa opinión sobre a revista, para poder perfeccionala segundo os vosos gustos.

¿Haivos que sortear un xamón para que participedes? Pois a ver, logo:

O teu enderezo de correo electrónico (opcional; de nolo dares avisarémoste da saída dos nosos números e outros eventos):

Lesnos dende:
Coñécesnos dende (mes e ano) :

Os teus hobbies :

A revista paréceche
Moi boa
Boa
Regular
Mala
Moi mala

¿Que che gusta máis de Synapsis?
¿Que che gusta menos de Synapsis?
¿Que novas seccións che gustaría ver en Synapsis?