Despois da sinal apocalíptica de centos de miles de persoas bailando Macarena en todo mundo chéganos unha nova sinal do advento do Día do Xuizo: unha rapaza libanesa chora cristais polos ollos, uns cristais que cortan como coitelos e que milagrosamente non lle producen dano algún na súa córnea nin nas súas pálpebras. Os científicos non encontran unha explicación. ¿Cal será a próxima sinal?
A principios do próximo ano as comunidades iberoamericanas poderán disfrutar dunha nova oferta televisiva que lles chegará a través do satélite Hispasat dende as outras nacións de España. As televisións galega, vasca e catalana ofertarán unha compartida programación ós emigrantes e ó público hispanofalante (e ós poucos que conserven as súas linguas orixinarias) en xeral.
Riámonos agora un pouco co atrevida que chega a ser a inorancia... Seguimos sacando á luz o meu arquivo histórico de Radio-Barbaridades para vergonza dos seus autores:
Casdeiro
Ahh! Bos días. É outro día máis na fantástica vida dun licenciado universitario. Gastei os dous últimos anos procurando un mísero choio co que poder vivir sen ter que depender dos demais. Son un tío calquera que estudiou 18 anos cos pais Salesianos (Qué buenos son los padres Salesianos...) despois dos cales apareceu na universidade dicindo cando remate isto xa está: vivir fóra da casa, vacacións salvaxes cos colegas, ou sexa, un bollo. Pero xa vedes: sigo igual que cando tiña 8 anos, con menos pelo.
Dá o mesmo, volvamos ó principio. Ahh! Bos días (iso creo que xa o dixen). Son as oito e media da mañá dun luns despois dunha fin de semana de tajada continua. Creo que as rúas non están postas aínda. Aínda así baixamos a compra-lo periódico onde está a solución ó problema segundo puña no suplemento de traballo do domingo. Bolsa de traballo (xa está): COMERCIAIS, choio acollonante onde traballas sen cobrar a menos que enganes á familia; FRESADOR; FERRALLISTA (non sei qué carallo é pero cobran a ostia),... Nada. Primeiro pao. Bo, non hai que desanimarse. Agarro o taco de currículums e voume patea-lo mundo deixando istos nas empresas pensando, iluso de min, que tódolos esforzos feitos e plasmados nesa folla que deixo poden ser un motivo para unha oportunidade, pero claro está: nin puto caso.
Cando xa non quedan máis sitios que percorrer de súpeto un milagre: unha ETT; si, esas que saen nos debates televisivos e din que si hai traballo, que eles ofrecen milleiros de contratos (non din se son lixo ou puta merda); si ho, esas irmaniñas da caridade que apenas se benefician da escasez do traballo. Creo que está claro qué foi o que vin, ¿non si? Se esa ETT expón uns carteis nos que pon "Necesítase licenciado en ciencias empresariais sen experiencia" entón salto e digo xa está o bollo. Eu, pobre de min, entrei nesta co meu curriculum todo orgulloso cando despois do saúdo non correspondido por unha fermosa e amable secretaria óense uns gruñidos que tratan de dicir algo parecido a ¿que queres? "Veño deixa-lo meu curriculum, é polo do anuncio que tedes exposto" ó que ela contesta cunha voz amabilísima "¿Cubríche-la solicitude? (¿é que non sabes ler?, rosma)" - "Non, ¿podería darme unha por favor?" - "Están aí, enriba da mesa. Ademáis non sei para qué se só é para unha bolsa, non é máis que propaganda (ben polos ánimos da señora)". Achégome á mesa e cubro a famosa solicitude, na que debes dar información ata de cántas veces a machacas (nin que fosen o CESID), e remata dicindo que xuras que todo o que aí consta é verdade e se non irás ó cárcere.
Tras 20 minutos cubrindo a solicitude máis outros 10 de espera para entregar esta á amablesecretaria oes cómo esta grazna "Debes acompañala de dúas cartas de presentación nas que aparezan as túas cualidades. Estas cartas non poden ser nin de familiares nin de amigos (por favor, se alguén me le, que me escriba unha, son moi bo). Ademais en idiomas debes ser bilingüe en inglés, francés e alemán valorándose os coñecementos de italiano e a experiencia de polo menos 3 anos." O oír isto pódeche quedar unha cara de imbécil dicindo 45 minutos aquí e para nada. Intentas dicirlle á secretaria que por qué non cho dixo antes, ó que ela grazna "Se non che interesa non entraras" (viva a amabilidade). Preguntei que para qué empresa era, ó que non obtiven resposta.
Despois disto volvinme á miña casa e merquei tódolos fascículos de aprender idiomas por CD-ROM, vídeo ou eu qué sei.
Por fin souben que unha persoa que coñezo foi seleccionada para a entrevista na que se lle dixo lo seguinte: "O salario é de 40.000 ptas. ó mes e o horario é de 8 da mañá a 2 do mediodía". Imaxinade a resposta desta persoa, pois tivo que oí-lo seguinte: "Deberías da-las gracias que te seleccionáramos" (pa'bernos matao).
Eu pensaba que isto ocoría só nunha ou dúas ETTs pero ¡non ho! A maioría seguen políticas parecidas, por non falar da minuta que cobran á empresa pola selección de persoal. Problema da empresa e a ETT se non fose porque despois o teu xefe se queixa de que che paga 150.000 ptas. e t&i dis "Pero se só cobro 80.000 (carallo, Facenda e a Seguridade Social canto levan, ou ¿non son elas?), ah, non! o meu soldo ven pola ETT non sei qué ocorre con estas 70.000 pesetas".
Diredes que isto é un caso entre mil: non o cres nin ti, isto é o máis corrente, anque estes son moi bos e non queren aproveitarse de ninguén, só queren gaña-lo xusto para vivir e face-lo ben ós demáis.
Pois ben, esta é a miña crítica, espero que se alguén dunha ETT o le me diga que non é o normal, anque o dubido moito.
Alberto Muro Esteban
La Columna del Hipercrítico

Imaxino que a estas alturas todo o mundo escoitou falar destes grupos e a suposta guerra que manteñen no Reino Unido en cuestión de vendas e de favor do público. É evidente que non é máis ca unha manipulación informativa interesada, un tópico para crear polémica, vender revistas e incrementa-las ventas de ambos. Oficialmente ou oficiosamente xa deron por vencedores a Oasis, aínda que só sexa por número de discos vendidos. E a min paréceme estupendo que se monten esta leria da guerriña Blur-Oasis no Reino Unido porque ata pode ter algo de certo no fondo, en canto son grupos que competiron durante un tempo pola atención dos medios. O que me parece horrible é que se tentara importa-lo tema a España, onde no meu parecer non che hai punto de comparación, xa que a música de Blur é tan condenadamente británica que non pode nin facer sombra en vendas nin en fans en España, onde si pode haber e de feito hai gran paixón por Oasis, un grupo de música moito máis universal, con grandes obras mestras do pop-rock actual (Blur non ten máis que unhas cantas cancións boas ou aceptables; o resto son coñazos). Incluso Pulp están para min por riba de Blur. De todas formas son estilos diferentes e a insistente comparación que temos oído en radio, TV e prensa queda como unha montaxe ridícula, polo menos aquí. Unha polémica absurda e artificial.
O Hipercrítico