a revista electrónica

Ano 1 - Nş 3 - Maio-Xuño 1.996

Versión en galego

Índice:

Seccións fixas

Artigos


Top 5 do mes: The Singles

  1. "Daily Mutilation" - The Posies
  2. "Ellis Island" - Mau Mau
  3. "I Hate My Generation" - Cracker
  4. "Glamour" - Amphetamine Discharge
  5. "Getting Better" - Shed 7

Top 5 do mes: The Albums

  1. "Soul To Waste" - Cool Jerks
  2. "Parking" - Amphetamine Discharge
  3. "Load" - Metallica
  4. "Moseley Shoals" - Ocean Colour Scene
  5. "Resident Alien" - Spacehog

Tebeo do mes

WildC.A.T.s, n. 17 - World Comics (Image / Wildstorm Productions)
Autores: Alan Moore, Travis Charest

Película do mes

Fargo Directores: Cohen Bros..

Webs do mes


Noticias


Gazapos

Continuamos co meu arquivo de radio-barbaridades históricas. ¡¡Máis madeira!!

---Casdeiro


Comentario Político e de Sociedade

O semáforo

Unha e vinte da tarde nun semáforo dunha gran cidade. Luce o sol.
-"Oe ¿pódoche facer unhas preguntas?
Eh... Vale, pero despois cómprasme uns panos..."

Ernesto Noncheimporta viste roupa usada e mira de forma desconfiada. 34 anos, solteiro e pertencente a un emerxente gremio profesional: os vendedores nos semáforos de panos de papel. "Chámannos Klineiros" apúntame mentres aproveita a pausa para prender un pito.
-"¿Por qué te adicas a isto?
Joder pa´que vai ser, pa´comer.
-Pero ¿Non atopaches algo mellor?
Xa ves tío, eu antes curraba en peonadas co vello pero tivemos un mal rollo e pireime de casa. Logo un curro aquí, outro alí, en fin e agora aquí que non está tan mal.
- Ah ¿si?
Joder estás na rúa todo o puto día. Iso si, cando chove móllaste e cando fai calor fódeste, pero polo menos non estás enchironao todo o tempo. Hai moito fillo de puta por aí solto, pero tamén hai boa xente que che da unhas moedas. O horario ti o decides e pa'comer xa sacas.
- ¿Cántos panos vendes ó día?
Segundo o día.
-Máis ou menos.
Solo sacar dúas mil ou tres mil pelillas. Despois téslle que quitar o que se che vai en material.
- ¿Queres dicir en panos?

"Si, si iso." di mentres interroga cos ollos ós conductores amosándolles un par de paquetes. Oito ou dez automovilistas tornan a cabeza dun lado ó outro xusto ó sentir que os ollos de Ernesto coinciden cos seus. Regresa ó sémaforo.
-"¿Ónde vives?
En casa duns colegas.
- ¿Recibes algunha axuda?
Antes cobraba unha axuda do Concello pero había que responder a moitas preguntas..."

Afortunadamente para quen lles escribe o semáforo volve cambiar de cor e Ernesto reemprende o camiño que centos de veces fai ó día. O mesmo resultado.
-"¿Esperas encontrar algo mellor?
Eu qué sei tío. Gustaríame currar no que facía antes, de peón da construcción. O traballo era cabrón pero se ganan unhas pelas. Agora só me queda apechugar pa'lante. A cousa está moi mal...
- ¿Qué necesitas para sobrevivir un día?
Oe tío, a xente empeza a saír das oficinas e a min amontónaseme o curro. ¿Deixámolo para outro día?
- Que teñas sorte.
Vale tío."

Volvo a casa pensando que ó fin e ó cabo hai persoas que conservan a súa dignidade a pesar do seu traballo ou da pobreza.
Por certo, dous paquetes de panos de papel son soamente vinte duros. Eu conservarei os meus como recordo.

---Esmiríades

A Columna do Hipercrítico

O Hipercrítico no FestiMad'96

...Ou máis ben debería terse chamado o FestiColas! Porque mira que tivemos que facer colas... Cóntovos: un vai alí cos amigos a disfrutar do rock e máis do ambiente e ¿qué se encontra? Pois en primeiro lugar que os supostos 500 metros dende a estación ata o parque onde se celebraba a movida eran bastantes máis (varios Km ata a entrada definitiva), despois chegas alí e estáste ¡¡¡3 horas!!! facendo a primeira cola baixo un sol de xustiza, apretado contra miles de persoas puteadas coma ti (algúns foron previsores e xa levaban avituallamento). Despois, cando ás 15:00 horas, cando parecía que por fin entrabamos, resulta que non, que hai que ir por outra porta, ó cu do mundo, e unha vez chegas alí dinche que non quedan pulseiriñas de identificación para darnos. A xente xa pasaba de todo, e saltaba as reixas que rodeaban o parque para meterse dentro (a todo isto, xa nos perdéramos os primeiros grupos).

Despois de tanta desventura conseguimos entrar. Recorremos a maravillosa zona de acampada, instalámonos nunha pedreira en costa á beira dun río fedente cheo de escumas químicas, imos troca-lo diñeiro pola moeda oficial do festival (os "mads", apropiado nome para o tolos que nos volveron), e... ¡qué sorpresa! ¡OUTRA COLA!

En fin: que ás 12:00 estábamos onde se supoñía que debíamos estar para entrar, e gracias á brutal desorganización do FestiMad encontrámonos que por fin ás 5 e pico da tarde puidemos empezar a disfrutar del (aínda que estábamos dun gas como para disfrutar...).

¿É isto normal? ¿É isto "un festival alternativo"? ¿É isto organización, señores de creAcción e La Iguana?

---O Hipercrítico

Crítica do xogo para PC Warhammer

Imos comentar o xogo de estratexia Warhammer. É un vídeo-xogo baseado no universo de Warhammer da empresa GAMES WORKSHOP, é un mundo de honor e guerra onde múltiples razas loitan polo seu dominio e maila supervivencia. É posible atopar desde curtidos guerreiros humanos ata feroces orkos, pasando por malignos skaven, tétricos non-mortos ou maxestuosos altos elfos ou ananos testarudos entre outros.

O xogo é unha adaptación exacta do xogo de mesa, coas súas mesmas reglas, pero evitando as botadas de dados que hai que realizar para decidir combates e eventos aleatorios que son realizados polo propio ordenador. E por suposto sustitúe ó opoñente humano co que non sempre podemos contar.

O xogo como tal está realizado de forma excepcional, se che gustan os xogos de estratexia aínda que non coñezas o universo Warhmmer é unha elección moi boa. Aínda que para disfrutar enteiramente del necesítase un Pentium con 16 Mb de RAM e unha tarxeta gráfica un pouco decente. Témolo probado cun 486 DX2 66MHz e 8 Mb RAM e resultou bastante lento, ata quitando as texturas e efectos de sonido, pero nun Pentium 100Mhz e 16 Mb RAM funcionaba espléndidamente. Iso si, para disfrutar do xogo é necesario ter Windows 95, xa que é un programa específico deste sistema operacional.

O desenvolvemento do xogo baséase en descubrir unha conspiración producida polos feiticeiros da malvada raza de ratas skaven que desencadenan o transcurso de toda a trama argumental. Que por suposto nós como guerreiros audaces temos que desbaratar ó mando dun exército mercenario, pequeno ó principio pero ó que iremos incorporando unidades.

---Luis Grijalba Merino

FESTIMAD'96

A continuación encontraredes unhas pequenas críticas dos concertos ós que asistiron os nosos intrepidos e alternativos reporteiros (foto) con motivo do FestiMad'96.

Colaboracións e comentarios: casdeiro@encomix.es
Home Page de Manuel Casal Lodeiro