Os días 3 e 4 de Maio vaise celebrar en Móstoles o máis parecido ó Festival de Woodstock que poidamos ver por terras españolas: o FESTIMAD.
Aire libre, troula, camping, unha morea de xente... e música: algúns dos grupos que tocarán nos escenarios do FestiMad son...
| The Smashing Pumpkins | día 4 |
| Rage Against The Machine | día 3 |
| Ocean Color Scene | día 12 (?) |
| The Jesus And Mary Chain | día 3 |
| Rancid | día 3 |
| Cypress Hill | día 3 |
| High Lamas | día 3 |
| Ash | día 3 |
| F.F.F. | día 4 |
| Terrorvision | día 4 |
| The Posies | día 3 |
| Enemigos | día 3 |
| Sexy Sadie | día 3 |
| Tribu-X | día 3 |
| Los Flechazos | día 3 |
| El Club De Los Poetas Violentos | día 3 |
| Los Planetas | día 4 |
| Pleasure Fuckers | día 4 |
| Intronautas | día 4 |
| Psilicon Flesh | día 4 |
| Filter | ? |
| Hamlet | ? |
| Hammerhead | ? |
| Magnet | ? |
| Cracker | ? |
| ... | ... |
Unha oportunidade única para ver a todas estas bandas. Xa sabedes, a cita é en Móstoles (Parque del Soto, ou algo así). En próximos números de Synapsis atoparede-la crónica do Festival.
AVISO: Non vos fiedes de nós... confirmade as datas de cada grupo se tedes interese en ir !
Unha nova edición deste importante concurso... Unha nova oportunidade para ver en directo grupos de todo o Reino en loita por pasaren do (semi)anonimato ó (semi)estrelato nesta fase final do concurso...
(Os concertos celebraranse en El Congreso de Bilbao (España) ás 20:30 horas.)
| Rock Duro | ||
| Hiltzorian Psyco | Bermeo Catalunya | 27-Marzo-96 |
| María del Mal Newhell Citizens (grupo invitado) | Andalucía Bilbao | 10-Abril-96 |
| Bottom Dharma | Catalunya Andalucía | 17-Abril-96 |
| Dementia Incesto | Álava Gipuzkoa | 24-Abril-96 |
| Morena Zona Púrpura | Valencia Andalucía | 8-Maio-96 |
| Preachers of Dreams Malos Tragos | Bilbao Catalunya | 15-Maio-96 |
| Pop-Rock | ||
| Henteligens Spider Circus Indoor Gale (grupo invitado) | Mallorca Mallorca Bilbao | 28-Marzo-96 |
| Prisma D'Horus Dantzut Universo Zero (grupo invitado) | Barcelona Ermua Bilbao | 11-Abril-96 |
| Hermanos Cerdo Umbilical Slug Ciao Firenze | Madrid Bilbao Granada | 18-Abril-96 |
| Píldora X Ferroblues Juan y los Sin Miedo (grupo invitado) | Alicante Murcia Bilbao | 25-Abril-96 |
| Beautiful Losers Macadam La Hermana Mary (grupo invitado) | Navarra Gipuzkoa Bilbao | 2-Maio-96 |
| Sweet Young Thing Dry Flies Notsads | Barcelona Bilbao Barcelona | 9-Maio-96 |
| Groove Crew Alius Bad Spirits (grupo invitado) | Barcelona Barcelona Bilbao | 16-Maio-96 |
| Mandrágoras The Magic Teapot Fex Caduc | Galicia Getxo Mallorca | 23-Maio-96 |
O famoso Mr. Negroponte, fundador e director do MIT (Massachusetts Institute of Technology) e gurú de Internet, confirmou que asistirá como poñente ó X Congreso Mundial de Tecnologías de la Información que se celebrará en Bilbao os días 3, 4 e 5 de Xuño de 1.996.
Promete ser todo un acontecemento esta cita, que terá por lema Tecnología y Servicios en la Sociedad de la Información.
Todos estes gazapos e trabucadas son verídicos. Proceden do meu arquivo histórico Radio-Barbaridades mantido desde hai varios anos e próximamente irán actualizándose...
En xeral trátase de trabucadas cometidas por locutores de radio ó referirse a cancións. Sempre me preguntei cómo ós locutores españois que programan música en inglés non lles esixen un maior coñecemento deste idioma... ou polo menos que lles dean as traduccións !!! ¡Que as disfrutedes!
---Casdeiro
Pobriñas... E pobres de nós que nos dá o pánico sen saber moi ben por qué. A ver: ¿cántos morreron por esta historia da encefalopatía esponxiforme? Eu non vin a ninguén... Pero todo o mundo fala diso e xa ninguén pode ollar un bisté sen se lembrar das vacas bailando o twist... ¡Qué paranoia, meu Deus! Os medios de comunicaión aliméntanse dos nosos medos, as multinacionais da alimentación manexan os seus fíos, os gandeiros desespéranse, outros mosquéanse porque a eles fixéronllelo pasar peor por menos (peste porcina...)...
E se baixan as ventas de hamburguesas a min tráeme sen cuidado: paso da fast-shit-food. Pero revéntame que monten o número entre todos cando hai cousas evidentemente peores para a nosa sa&uactue;de e non fan nada (non é rendible o show).¡É que a quén se lle ocurre darlle vacas e ovellas trituradas a comer a un herbívoro! Aporte proteínico... xa: o que é, é unha porcallada e unha inmoralidade para cos pobres bechos.
Paréceme a min que alguén tivo unha gran idea vendo o episodio da fábrica de polos de Expediente X...
Para os que non estean ó tanto, ETB-2 é o canal supostamente en castelán de Euskal Telebista (a televisión pública vasca). Persoalmente é a única que vexo xa que o meu coñecemento do euskera deixa moito que desexar...
Pero, veña, ó que ía... Évos un fenómeno moi curioso que cada vez que vexo as noticias do xantar neste canal (por outra banda, un dos mellores de toda España) escóitelles polo menos unha auténtica patada ó idioma castelán.
E mirade señores periodistas de ETB-2, paréceme moi ben a vosa defensa do euskera, e que o coledes no canal en castelán cada vez que podedes, pero... deixade en paz o castelán, que parece que o facédes a propósito para perxudica-lo idioma rival.
¡É que cometedes uns erros léxicos e gramaticais que no son normais, señores! ¿Qué hai detrás de todo isto? Eu sempre penso mal e aínda que me resisto a facelo no voso caso, porque me caédes bastante ben, o voso non é normal... Se non sabedes castelán aprendédeo, coma obrigades ós castelán-falantes a aprender euskera para traballar en ETB. E se o sabedess falar ben, non o corrompades a propósito... que queda moi feo.
Synapsis nace en Marzo de 1.996 como revista en formato web que pretende abarcar os máis diversos temas sempre desde unha óptica xuvenil, crítica e creativa.
Queremos ser un nexo de unión entre neuronas unidas gracias á World Wide Web para compartir noticias, paixóns e formar un vehículo de comunicación virtual.
En Synapsis estamos abertos a tódalas persoas afeccionadas a...
Home Page de Manuel Casal Lodeiro