Noticias
|
23-3-2002.
Bravú.Net presenta unha nova banda deseñada de Kike Benlloch e Jano. Titulada "OS FILLOS DO NAPSTER", conta as andanzas de tres universitarios que comparten piso en Santiago de Compostela. En 2001 este tándem de autores coruñeses fixo a súa primeira incursión no cómic destinado para lectura en Internet, cunha obra titulada "Polaroids".
20-2-2002. Alberto Vázquez anuncia o próximo título da Polaqia. Trátase de "ALTER EGO", unha novela gráfica que a diferencia do primeiro libro do colectivo (Mmmh!!) será unha obra individual, escrita e deseñada por el mesmo. "Alter ego" sairá en agosto de 2002, na Vª edición de "Viñetas desde o Atlántico", na Coruña. Polaqia apunta que "Alter Ego" non é incompatible coa aparición de outros libros do proxecto.
|