" MMMH!! ": UN CÓMIC QUE DEIXA Ó LECTOR SEN PALABRAS Un álbum colectivo de cinco autores galegos de banda deseñada. Kike Benlloch, Bernal, Jano, David Rubín, e Alberto Vázquez son cinco autores galegos de banda deseñada que presentan este álbum de 52 páxinas. Titulado "Mmmh!!", é unha antoloxía de relatos gráficos inéditos, e representa unha aposta pola calidade e a innovación no cómic feito en Galicia. O libro componse de nove relatos que non precisan das palabras para narrar unha historia. Catro son historias con guión de Kike Benlloch, con debuxos de David Rubín, de Alberto Vázquez Rico, e do propio guionista. Os outros dous creadores deste libro son Bernal Prieto e Jano Viñuela, que guionizan e debuxan tres, e dúas historias, respectivamente. |