Exposicións de orixinais de "Mmmh!!"

A primeira exposición de orixinais do álbum realizouse no Palacio Municipal de Ourense no transcurso das XIII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, entre o 5 e o 13 de outubro de 2001.

Ourense'2001: de esquerda a dereita, Alberto Guitián (premiado no certame) e os "polaqos" Kike, Jano, David, Diego, Bernal.

Ademais, o cartaz do ano 2001 da Festa Galega do Cómic foi deseñado por un dos creadores do álbum, David Rubín.

 

A segunda exposición da Polaqia, tamén correspondente a orixinais de "Mmmh!!", presentouse co gallo das I Xornadas BD Banda / Concello de Pontevedra (17-21 decembro, 2001), no Pazo de Mugartegui.

Pontevedra'2001:
Kike Benlloch
e Kiko da Silva
na rolda de prensa
[foto de Rafa Fariña]