NOVO BARSOWIA e outras noticias de Polaqia
PRESÉNTASE O BARSOWIA nº11: MÁIS PÁXINAS, MÁIS AUTORES, MÁIS DE TODO
Barsowia alcanza co seu número 11 un novo récord de páxinas, até alcanzar o centenar. A revista que publica cómics de máis autores galegos do mundo mundial presenta novas asinaturas, tanto autóctonas como foráneas. Á parte dun pleno dos doce membros do colectivo Polaqia, dáselle unha especial benvida a novos contribuíntes:
- Miquel Rof, debuxante barcelonés, é responsable da revista electrónica “L’Etapa Groga” (A Etapa Amarela), que xa leva dez números e o ano pasado foi finalista dos Premios Junceda da FAD e da APIC.
- Ana Galvañ (http://www.anagalvan.com) é unha artista murciana que traballa en Madrid no eido do deseño e publicidade.
- Luís Bustos (http://www.flickr.com/photos/bustox) é un autor madrileño que ven de sacar o seu último álbum "Zorgo" na editorial Dibbuks, foi colaborador da revista "Míster K" de El Jueves.
- Malota (http://www.malotaprojects.com) é o nome artístico da ilustradora Mar Hernández.
- Xurxo Penalta (http://laserteller.blogspot.com) é un debuxante coruñés licenciado en Belas Artes, e Master en Estudos Visuais pola Minneapolis College of Art and Design, EEUU.
- Jorge García é o guionista das novelas gráficas "Cuerda de presas" e "Hacerse nadie", ademais colabora para "El Manglar" e "BD Banda".
- Sagar Forniés (http://sagarfornies.blogspot.com) é o debuxante do álbum "Bajo la piel", editado por Astiberri. É colaborador da revista Humo e profesor da escola JOSO.
- Richard Câmara (http://www.richardcamara.blogspot.com) é un artista portugués, nado en Bruxelas e afincado actualmente en Madrid, que colabora entre outros en "Argh".
- David Soares, guionista luso, é coautor do álbum "Mr. Burroughs".
É un verdadeiro luxo contar con todos eles e recibir outra volta aos magníficos colaboradores: Paulo Monteiro ("Venham+5"), Mario Feal ("Mondo Brutto"), Manel Cráneo ("Dámsmitt"), Susa Monteiro ("Rodapé"), Esteban Hernández ("Usted"), Michael Bonfiglio ("Top Shelf: Under the big top").
Listado alfabético completo de autores do Barsowia nº11:
Kike Benlloch
Bernal
Diego Blanco
Michael Bonfiglio
Luís Bustos
Richard Câmara
Hugo Covelo
Sergio Covelo
Manel Cráneo
José Domingo
Mario Feal
Sagar Forniés
Ana Galvañ
Jorge García
Esteban Hernández
Álvaro López
Malota
Paulo Monteiro
Susa Monteiro
Xurxo Penalta
Emma Ríos
Brais Rodríguez
Miquel Rof
Roque Romero
David Rubín
Luís Sendón
David Soares
PRESENTACIÓNS
- Estrea do Barsowia 11 no PROXECTO EDICIÓN, en Pontevedra.
Datas: Do XOVES 3 ao SÁBADO 5 de ABRIL
Lugar: no Pazo da Cultura de Pontevedra
Horario: 11:00-14:00 + 16:00-20:00
Estamos no stand nº14, das once da mañá ás dúas da tarde; e das catro da tarde até as oito.
- Encontro con autores na FNAC da CORUÑA.
Data: MARTES 8 de ABRIL
Lugar: Fnac A Coruña. Mercado Eusebio da Guarda. Praza de Lugo, A Coruña 15004
Hora: 12:30 PM
Encontro con David Rubín e Brais Rodríguez.
- Festa-presentación en ALITA CÓMICS do ORZÁN, na Coruña.
Data: SÁBADO 12 DE ABRIL
Lugar: Alita Cómics Orzán. Rúa do Orzán, 110B. A Coruña
Hora: 20:00
A partir das oito da tarde en Alita Orzán haberá cervexa, música, debuxos adicados, boa compaña... e o novo Barsowia tamén.
DÚAS NOTAS ADICIONAIS
Polaqia quere aproveitar esta ocasión para dar as grazas a todos os autores e autoras que responderon á convocatoria de proxectos do ano pasado. As nosas portas continúan, como sempre, abertas a novas propostas.
Tamén queremos comunicarvos un par de novidades en canto á organización do colectivo, especialmente en termos de contacto por parte da prensa e convocatorias de eventos:
- O novo presidente de Polaqia é David Rubín. Polaqia quere mostrar a súa gratitude polo traballo desenvolvido polos anteriores coordinadores Kike Benlloch (2001-2006) e Hugo Covelo (2006-2008).
- O novo coordinador do Barsowia é Jose Domingo. Polaqia quere agradecer o labor de coordinación e deseño gráfico realizado por Bernal nos números 10 e 11.
Quedamos á vosa disposición para o que precisedes.
POLAQIA
polaqia (arroba) gmail (punto) com
http://polaqia.redegalega.org
David Rubín - Presidente
daredeivid@gmail.com
Polaqia é: Roque Romero, Kike Benlloch, Diego Blanco, Álvaro López, Luís Sendón, Sergio Covelo, David Rubín, José Domingo, Hugo Covelo, Brais Rodríguez, Bernal, Emma Ríos.