

| é escritor e guionista. Productor de CulturaGalega.Org e editor da Polaqia, tén traballado como guionista e redactor para múltiples medios: cómic (La Factoría de Ideas, Madrid), cine (Vía Láctea Filmes, Vigo), video-xogos (Imaxín Software, Santiago), televisión (Xabarín Club, TVG), radio (Cadena Ser; CUAC FM, A Coruña), prensa escrita (Planeta de Agostini, Barcelona; Undercómic, Madrid) e internet (Bravú.Net; ElFoco.Com; Synapsis Webzine). Máis información. |


| é debuxante e ilustrador. Antes de se incorporar a Belas Artes en Pontevedra completou os seus estudios de gráfica publicitaria na Escola Pablo Picasso de Artes e Oficios da Coruña. Tén colaborado en incontables fanzines, e obras súas foron premiadas nos certames de cómic de Arteixo'1999 e de Ourense'2000. Foi primeiro premio no certame de Ourense na súa edición do ano 2001. |


| é debuxante e ilustrador, e estudia Belas Artes. É outro dos clásicos da escena alternativa galega, a subliñar o seu labor como editor do fanzine "Lixo". A súa primeira obra profesional de cómic foi "Nieve Negra" (1999-2000), con guión de Adrián López e Kike Benlloch. Obras de Jano teñen recibido premios nos certames de Arteixo'1998, Ourense'2000, Cangas'2001, e Ourense'2001. |


| é debuxante e animador. Estudiou na Escola de Arte Antonio Failde e traballa no campo dos debuxos animados para a ourensá Limaía Produccións. Gañou entre outros o primeiro premio das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense no ano 2000. Tamén ten traballado en curtametraxes e en cortinillas de animación. |


| é debuxante e ilustrador, e estudia Belas Artes en Valencia. É un recién chegado ó mundo dos cómics pero conta cun éxito notable: no ano 2001 gañou o primeiro premio do "Concurso de Jóvenes Creadores de Madrid" na modalidade de cómic, e tamén o terceiro premio do concurso do Instituto de la Juventud (INJUVE - modalidad cómic). Tamén foi premiado en Ourense'2001. |


| é un dos mellores debuxantes galegos da actualidade. Os seus inicios no mundo do cómic remóntanse á época do mítico colectivo ourensán Frente Comixario. Debuxou guións de Carlos Portela para a obra "Impresiones de la Isla" e "Gorka", traballando nesta última tamén con Sergi Sanjulián. Contribuiu con Portela á antoloxía mundial "Comix 2000". |