"Barsowia" nº8 Agosto de 2006 60 páxinas 17x24 cm Portada e contra a cor Interior B/N PVP 3 euros Cun pleno de case todos os autores do colectivo Polaqia, neste novo número da inigualable publicación de cómic reúnense ademais os colaboradores habituais dos EEUU, Francia, Portugal e Holanda para ofrecer de novo diversidade estilística e preciosismo visual. Con capa de Miguel Robledo ("Vilaverzas", ed. Faktoría K) e contracapa de Manel Cráneo ("Dámsmitt", ed. Dibbuks), os autores galegos continúan dando o mellor de si para levar o cómic á súa máxima expresión. Barsowia gañou o Premio do Público ao Mellor Fanzine de España no ano 2005, galardón outorgado no pasado XXIV Saló Internacional del Còmic de Barcelona. Lista completa de autores do B#8: Adrián López, Álvaro López, Álvaro Martínez, Andrea López, Bernal, Bouss, Brais Rodríguez, David Rubín, Diego Blanco, Erwin Suvaal, Hugo Covelo, Jose Domingo, Kike Benlloch, Louis Bertrand Devaud, Manel Cráneo, Michael Bonfiglio, Miguel Robledo, Paulo Monteiro, Roque Romero, Sergio Covelo. E se queres morder nas uñas en canto agardas a túa oportunidade de comprar este magnífico oitavo número de Barsowia... Kike BENLLOCH & Diego BLANCO "UN BRINDE AO SOL" Sobre a vida, o viño, a guerra, e un mencer co que xa non contabas. De novo a fusión gráfica do lapis de Kike e a arte final de Diego, por primeira vez vista en "A Flor de Rajistán". Ambos encabezan o plantel do álbum "Capital" (De Ponent) que sae á venta este mesmo mes. Paulo MONTEIRO "VOU VER A AMADA" A beleza do amor, a beleza dos lugares e das xentes. O hipnótico preciosismo do autor portugués ao servizo da mellor das causas. Brais Rodríguez "GATOS" Miau... Cuidado con quen te deitas... Brais continúa a evolución do seu estilo inconfundible, capaz de seducirnos a todos. BOUSS "BENVIDOS Á MIÑA CABEZA" A faceta máis experimental do autor do álbum "Ascensions" (Le Cycliste)... e a máis introspectiva (literalmente). David RUBÍN "CARTA DE DESPEDIDA" O galardonado debuxante ourensano autor de "El circo del desaliento" (Astiberri) agasállanos con outro relato poético á sombra da figura heróica. Kike BENLLOCH "O JARDIM DA EFÉMERA VISITA" Respírase mellor lonxe do cemento. Roque ROMERO "FELIZ FINAL" De procesións nocturnas e fantasmais visións. Erwin SUVAAL Sin título O deseñador holandés demóstranos que a limpeza doméstica pode ser moi fácil. Kike BENLLOCH & Sergio COVELO "SUMA SEN PAR" A historia máis longa do número une o deseño a lapis de Kike co entintado de Sergio presentando por primeira vez unha personaxe que promete dar moita guerra. Non hai nada como a caricia da avoa. Adrián LÓPEZ & Álvaro MARTÍNEZ "O SEGREDO DO SEU ÉXITO" O coguionista de "Nieve Negra" regresa ao cómic formando tándem co debuxante madrileño co que xa colabora no fanzine "Frenzy". É a primeira vez que Adrián e Álvaro participan en Barsowia. Benvidos ambos a esta a vosa casa. Jose Domingo DOMÍNGUEZ "É DURO SER UN MAFIOSO CON DOBRE PERSONALIDADE SOBRE TODO SE SON DE FAMILIAS DISTINTAS" A última fichaxe de Polaqia é un ferrolán con tanto talento como sentido del humor, como proba esta graciosísima historia. Premio ao título máis longo que lembran os máis vellos do lugar. Diego BLANCO "A NOVA ONDA" A investigación policial ten as súas normas, e se as saltas, alá ti. A retranca de Diego non toma prisioneiros. Andrea LÓPEZ "PESADELO" Adormilada e correteando escadas arriba, a debuxante santiaguesa continúa a súa ascendente progresión. Louis Bertrand DEVAUD "CHARDONNET" Felinos e un sacacorchos, que mala combinación. O autor francés continúa arrasando co seu estilo personalísimo. Hugo COVELO "UNHA DECLARACIÓN DE PRINCIPIOS FRIKI" A senda abierta no anterior Barsowia converte o gran Hugo Covelo na estrela autobiográfica da casa. O cómic documental-testimonio ofrécenos nesta ocasión unha gran lección de auténtico friquismo. BERNAL "TRANSMUTACIÓN" Por fin regresa o fillo pródigo. Bernal desvélanos que os astros rexen a nosa vida. Michael BONFIGLIO "ESE RAPAZ ESTÁ COMO UNHA CALDERETA" ¿Humor? ¿Desgraza? O xenial debuxante americano regálanos unha dramedia simplemente impresionante. Kike BENLLOCH & Diego BLANCO "FINAL E PRINCIPIOS" O protagonista, que talvez lembre a certo literato, fechou o seu propio capítulo.