"(El Jardín Atómico presenta) Feliz Cumpleaños, May" 32 páxinas portada e contraportada a cor interior en B/N PVP 2 euros Textos en castelán ¿Que é o que sucede cando unha rapariga da rúa, empregada de supermercado e baixista dun grupo hardcore, e un soldado interdimensional pertencente a un exército de superheroes se namoran? Pois iso, desencontro, emoción galáctica e costumismo punk nunha pequena epopeia amorosa de andar pola casa. Debuxada e escrita con agarimo e emoción por Álvaro López.