BARSOWIA EN LLAMAS Colección Dominó 5 224 pág. PVP 12,95 € ISBN: 84-935092-4-8 Autores: Álvaro López, Bernal, Bouss, Brais Rodríguez, Carlos Arrojo, David Rubín, Diego Blanco, Hugo Covelo, Iván Suárez, Jorge Taboada, Jose Domínguez, Ken Niimura, Kike Benlloch, Kohell, Louis Bertrand Devaud, Luís Sendón, María López, Michael Bonfiglio, Paulo Monteiro, Raquel Méndez, Roque Romero, Sergio Covelo, Susa Monteiro. "Barsowia en llamas" é a espectacular antoloxía en castelán dos Barsowias nº1 a nº7. Un volume de máis de duascentas páxinas que reúne un amplo plantel internacional con liderado galego. En total dúas ducias de autores asinan historietas sobre o amor, a morte, a robótica... estruturadas en capítulos temáticos. Multitude de perspectivas para o cómic mais contemporáneo. Ademais, o libro contén dez historietas inéditas. Edita DOLMEN EDITORIAL. Barsowia recibiu o Premio do Público ao Mellor Fanzine de España en 2005 co gallo do 24 Saló Internacional del Còmic de Barcelona. No transcurso da IX edición de Viñetas desde o Atlántico, o salón de Banda Deseñada da Coruña, poderase visitar unha exposición de orixinais do colectivo Polaqia titulada "Polaqia en llamas", incluindo moitas pranchas das devanditas edicións. PARA COMPRAR BARSOWIA EN LLAMAS VISITA: http://www.dolmeneditorial.com/tienda/comic_ficha.php?IdEdicion=85&cnx=Y1gfghoJ8TY3ggGD