PINCHE MUNDO por Kike Benlloch e Diego Blanco 74 páxinas portada/contra cor interior B/N 17 x 24 cm pvp 9.50 euros PINCHE MUNDO é unha novela gráfica escrita por Kike Benlloch e debuxada por Diego Blanco coa que Polaqia inaugura a colección Rompehielos, de libros con historias longas en castelán. Trátase dun álbum de setenta e seis páxinas con estrutura de 'road movie' ambientada entre Estados Unidos e México. Jim Montenegro, o protagonista, é un bo rapaz que, ao deixarse tentar polo diñeiro fácil dun mafioso timador que só procura branquexar os seus cartos, terá que enfrontarse a si mesmo e ás consecuencias dos seus actos. Cun coidadísimo debuxo, "Pinche Mundo" lévanos a unha viaxe envolvente, cunha galería de característicos secundarios que acompañan a Jim no descubrimento dos erros cometidos, da verdade e da redención.