BARSOWIA nº10 84 páginas portada/contra cor interior B/N 17 x 24 pvp 5 euros No verán de 2007 Polaqia presenta agardadas continuacións e novidades sorprendentes. A asociación cultural galega, unha das grandes abandeiradas do cómic independente a nivel español, lanza o décimo número de BARSOWIA, a súa publicación semestral colectiva, que foi premiada no Salón Internacional do Cómic de Barcelona nos dous últimos anos. Dando a benvida a talentosos autores da escena estatal como Esteban Hernández ou Carlos Vermut, están David Rubín, Sergio Covelo, Álvaro López entre outros, xunto a nomes galegos sobresalientes como Miguel Robledo, Kohell e Carlos Portela. Historias breves e autoconclusivas xunto a outras que xa se perfilan como relatos de "continuará", todas están creadas desde a diversidade e a calidade que caracteriza ao grupo e aos seus colaboradores internacionais, como o norteamericano Michael Bonfiglio. A portada é da xenial ilustradora Sonia Pulido. Lista de autores: Adrián López Álvaro López Bernal Borja Buenafuente Brais Rodríguez Carlos Portela Carlos Vermut David Rubín Esteban Hernández Hugo Covelo Jose Domingo Kike Benlloch Kohell Luís Sendón Mario Feal Michael Bonfiglio Miguel E. Leal Miguel Robledo Roque Romero Sergio Covelo Sonia Pulido