"Corazón de tormentas" de David Rubín, 32 páxinas, portada a cor, interior b/n, 17x24 cm Textos en galego Acolléndose ás normas creadas por Scott Mcloud para a realización dunha bd de 24 páxinas en 24 horas, David Rubín leva a cabo este novo álbum, dando lugar a unha historia de amizade, viaxes e piratería; unha senda escura hacia a tolemia humana cargada de poesía e rabia. Primeira obra abalada polo "LabOu" (Laboratorío de experimentación da BD de Ourense)