BARSOWIA 7 19 autores. 13 galegos, 2 franceses, 1 estadounidense, 2 portugueses, 1 alemá. todo o contido é orixinal e inédito. 68 páxinas. 17x24 cm Diego BLANCO LouisbertrandDEVAUD [.fr] Manel CRÁNEO David RUBÍN Kike BENLLOCH Javi MONTES Susa MONTEIRO [.pt] Jose DOMÍNGUEZ Brais RODRÍGUEZ Javi PRIETO Hugo COVELO Carlos ARROJO Raquel MÉNDEZ Michael BONFIGLIO [.us] Roque ROMERO BOUSS [.fr] Maria KÖRKEL [.de] Paulo MONTEIRO [.pt] Sergio COVELO Cambio climático, violencia desatada, epidemias e o próximo xuño teremos un 6-6-6. ¿Avecíñase a fin? En Polaqia pensamos se era mellor editar un manual de supervivencia para estes tempos revoltos ou publicar o Barsowia nº7 ... e optamos por isto último. Tras a impactante portada de Diego Blanco, en "End of the world" Louisbertranddevaud supón unha hecatombe culinario-sideral. Manel Cráneo enfróntase a un curioso predicador en "Exorcismo Apocalíptico". "Un Muro de Lume" é a cortina de lapas que David Rubín ergue entre él e a destrución final. Kike Benlloch e Javi Montes retratan a "Murphy" e pregúntanlle pola súa pesimista lei en canto Susa Monteiro voa entre anxos caídos en "O Homem Chegou e Disse". Jose Domínguez presenta a súa persoal apocalipse televisiva en "Tele-expectoradores". Kike Benlloch cóntanos en "Tirar do cordel" como a fin do mundo xa aconteceu en 1953. "O home que vendeu o mundo" de Brais Rodríguez demostra que o rencor é o mellor combustible para aplastar roboticamente aos nosos molestos conxéneres. En "A cidade sen almas" Javi Prieto relata un episodio real da batalla de Stalingrado que para moitos soldados alemáns foi o final de todo. "Deus nos bendiga a todos" é un cómic-reportaxe de Humberto Gafapasta (alias Hugo Covelo) quen coraxudamente se adentra nos grupos de supervivencia da Norteamérica profunda. Por último en "Vida dunha cadea" Raquel Méndez e Carlos Arrojo pregúntanse que hai ao final desa cadea que todos arrastramos. E como non todo ía a ser hecatombe e apocalipse neste séptimo número do Barsowia, Diego Blanco prosegue coa súa saga policíaca en "Coffee & Investigation". Michael Bonfiglio pilla unha chea en "Borracheira co monstro do Lago Ness". Diego danos tamén "Algúns consellos sobre como podar palmeiras" que sen dúbida nos sacarán de máis dun apuro nos nosos xardíns. En "Arquitectura ninfular" Roque Romero sumérxese nunha exploración onírica e simbólica. "Rêve Rouge numéro 73" de Bouss tómalle o relevo en idéntica clave. Maria Körkel procura en "Un baño de ilusións" a liña que separa sexo, amor e amizade. Finalmente, a inigualablemente romántica "O amor infinito que te tenho..." de Paulo Monteiro e "O fin sería..." de Kike Benlloch e Sergio Covelo fechan este número con nosos mellores desexos. Vostedes o gocen.