BARSOWIA Nº6 O sexto número da revista de banda deseñada de Polaqia acada un récord de páxinas, 64, e outro de autores, 23. É ademais a entrega máis internacional da publicación: Como é habitual o groso dos traballos corresponde a autores galegos, mais desta volta Barsowia conta coa contribución de dous autores franceses, un holandés, dous portugueses e un norteamericano. Este nº6 continúa a editar traballos de Bouss, Bernal, Louis Bertrand Devaud, Paulo Monteiro, Kike Benlloch, Álvaro López, Ken Niimura, María Lado, Michael Bonfiglio, Jandro Xesteira, David Rubín, Miguel Porto, Diego Blanco, Carlos Arrojo, Fonso, Andrea López, Erwin Suvaal, María López, Sergio Covelo, Susa Monteiro, Brais Rodríguez, TomZé e Luís Sendón. 64 páxinas Capas a cor, interior B/N 17x24 cm 3 euros Textos en galego