A VOZ NA CAIXA escrito e debuxado por Álvaro López Álvaro López (A Coruña, 1977) estreouse o verán pasado como autor de Polaqia co seu "Feliz Cumpleaños May", unha historia atípica que combinaba o rexistro épico co cotián. A historia deste ano, "A voz na caixa", é moito máis desacougante. A través da rapariga protagonista, que é perseguida por unha voz que a acosa, descubriremos o perigo dun mal tan poderoso que deixa os humanos ao nivel de seres indefensos. 60 páxinas Capas a 2 tintas, interior B/N 17x24 cm Textos en galego