| Se Catalunya conseguiu o .CAT... por que
Galiza non ten un TLD
de seu?
Os galegos levamos reclamando un dominio dedicado á nosa
cultura e mais á nosa lingua desde hai máis
de 10 anos (xa había campañas ao respecto
en 1995).
Un pobo coma o noso, distribuido en ducias de países por
culpa da emigración, unido por unha lingua de seu e máis
ca nunca por medio da Rede, precisa unha ubicación
virtual que recoñeza que hai unha Galiza non abranguida por
España (.ES) nin por ningún
outro dominio. Por iso, polas mesmas razóns caos cataláns,
e aínda outras máis importantes, habida conta
de que hai máis galegos fóra de Galiza que
dentro dos seus límites administrativos, desde RedeGalega
(servizo da Asociación
Fillos de Galicia) reclamamos con urxencia un TLD, sendo os
.GAL e os .GZ os que máis
adhesións e posibilidades obxectivas teñen.
Participa nos nosos
foros de debate e activismo para conseguirmos entre todos un
dereito cada vez máis innegable: un dominio para
os webs galegos de todo o mundo!
Podes tamén axudar a espallar a voz engadindo este
código (inspirado descaradamente no empregado na
campaña
Make Poverty History) ás túas páxinas,
xusto debaixo da etiqueta <BODY>:
<script type="text/javascript" src="http://www.redegalega.org/tld-galego/bandaazul.js">
</script>
(Podes ver cómo queda p.ex. neste
blog.) |